Aníbal Calvo Malvar, máis coñecido como Aníbal Malvar, nado na Coruña en 1964, é un xornalista e escritor galego en lingua galega e castelá.
Traxectoria dereita|miniatura É autor de varias novelas de serie negra e tamén guionista de cómic en colaboración con Rober G. Méndez. Traballou como xornalista no diario El Mundo e en 2011 no diario Público. Xornalista polémico, algún dos seus artigos sobre os McCannO artigo "Un confuso año sin Madeleine" foi duramente criticado no Diário de Noticias: "Jornal espanhol cita polícias de ficção como sendo verdadeiros" por conter informacións falsas ou sobre a situación lingüística en GaliciaO artigo "Y ahora, las 'galescolas'" recibiu a consideración de ataque mediático por Vieiros. recibiron duras críticas por parte doutros medios.
Obra en galego Narrativa Soño do violinista (1990), libro de relatos e poemas. Un home que xaceu aquí (1993, Sotelo Blanco). Traducido ao castelán como Aquí yace un hombre no 1994 en Ronsel. En Galaxia, 2023, ISBN 978-84-1176-135-2. A man dereita (1994, Xerais), Premio García Barros. Unha noite con Carla (1995, Xerais), Premio Xerais. Traducido ao castelán en 2008 como Una noche con Carla, publicado por InÉditor. Á de mosca (1998, Xerais). Traducido ao castelán en 2009 como Ala de mosca, publicado por InÉditor. Tamén traducido ao francés.
Obras colectivas Na boca do lobo (1998, Tris Tram).
Guións de cómic A irmandade dos lectores tristes (1994, Caixa Galicia). Flores desde Hiroshima (1995, Xerais). No nome da amada morta (1996, Xerais). A maldición dos Velasco (1999, Xerais).
Obra en castelán Narrativa La balada de los miserables (2012, Akal). Lucero (2019, Akal).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Guionistas de banda deseñada Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1964 Categoría:Gañadores do Premio García Barros