Xavier Manteiga Pousa, nado en Santiago de Compostela o 16 de febreiro de 1968, é un escritor e guionista galego.
Traxectoria Fillo do filósofo e galeguista Xosé Manteiga Pedrares. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia Contemporánea. Escritor prolífico, sen abandonar a creación literaria, nos últimos anos inclinouse polo mundo audiovisual, desenvolvendo diversos proxectos para a televisión e o cine, como a edición do equipo de guionistas do Show dos Tonechos e a serie de animación Mundo verde con Silvia Manteiga Pousa.
Obras Narrativa Morrer na herba (1995). Sinfonía inacabada (1996, Positivas). Manancial (1997, Xerais), Premio Xerais. Ira (2002).
Obras colectivas Berra liberdade (1996, Galaxia).
Guións Domingo Fontán para Tele 5 e T.V.G. (Nomeado ao mellor documental no Festival de Cinema de Ourense, 1996). Si, quero (TVG). Erín Tres en Un. Pequeno hotel (TVG). Ilegal. Memorias dun pobo. Curmáns. Mundo verde (con Silvia Manteiga Pousa). Mona e Pera. Con Perdón. Terra de Miranda. O show dos Tonechos (TVG).
Premios Finalista do Premio Esquío de Poesía 1995 con As portas do inferno. Finalista do Premio Xerais de Novela 1996 con Sinfonía inacabada. Premio Xerais de Novela 1997 con Manancial. Finalista do Premio Blanco Amor de novela 1999 con Ira. Finalista do Premio García Barros de Novela 2005 con O soño de Caín. Premio do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), do Ministerio de Cultura, polo guión cinematográfico Ma Clon.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do autor en Galaxia
Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados en Santiago de Compostela
Categoría:Nados en 1968
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela