Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 e finado en Veitureira (Lampai, Teo) o 7 de marzo de 2023, foi un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultivou exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. Foi procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

Traxectoria Fillo de Salvador García-Bodaño Fernández, cando nin contaba un mes de idade os seus pais trasladáronse para Santiago de Compostela, cidade na que se formou intelectualmente, coa influencia de Carlos Maside e Ramón Piñeiro. Colaborou con La Noche e pertenceu ao Partido Socialista Galego do que foi Secretario de Información e Propaganda.

Estudou Dereito nas Universidades de Santiago e Oviedo. Formou parte de numerosas empresas culturais: foi fundador en 1961 da Agrupación Cultural O Galo; formou parte do Consello da Mocedade. Participou nos Xogos Florais da Coruña de 1962, na celebración do primeiro Día das Letras Galegas (1963) e na homenaxe a Antonio Machado de 1964. En 1974 foi sancionado polo Tribunal de Orde Pública por un recital no Círculo Recreativo e Cultural de Perlío, Fene, no que se incluían uns poemas á Revolución dos Caraveis e a Pablo Neruda. Colaborou na realización do proxecto da revista Teima (1976); na editorial Escola Aberta; no Museo do Pobo Galego (1976), sección etnográfica de oficios e da arte popular; na directiva da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980); no Ateneo de Santiago de Compostela xa desaparecido e do que foi presidente; na Fundación Padroado do Pedrón de Ouro; no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, no novo Seminario de Estudos Galegos (1983); fundador da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do Instituto Galego da Información (IGI); da Asociación de Tradutores en Lingua Galega (ATLG); da Fundación Castelao; do PEN Clube de Galicia e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. A proposta de Antón Fraguas, Constantino García e Andrés Torres Queiruga, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 25 de novembro de 1992, pronunciando o discurso Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá, respondido por Carlos Casares. Foi vicesecretario desa institución durante dous períodos consecutivos, de 2001 a 2009.

Mantivo unha columna dominical en El Correo Gallego, titulada “No pasar dos días”.

Foi presidente do Ateneo de Santiago entre 2008 e 2021 cando pasou a ser presidente de honra.

Vida persoal Casou con Aurichu Pereira, con quen tivo catro fillos, e de quen se separou en 1979.

En 1982 casou con Xulia Rodríguez Blanco, que sería a musa dos seus célebres Poemas de amor a Xulia e con que celebrou en 2022 os 40 anos de casados.

Obra Poesía miniatura|Ao pé de cada hora, 2ª ed, 1980. Ao pé de cada hora (1967). Vigo: Galaxia.Vista previa da 2ª ed (1980) en Google Books. 2ª edición na Colección Dombate en 1980. 64 páxs. ISBN 978-84-7154-083-6. Tempo de Compostela (1978). Edición numerada gran formato; con gravados de Alfonso Costa. Barcelona: Editorial Gráficas Femando. Tempo de Compostela (1979). Santiago: Edicións do Cerne. ISBN 84-85650-00-X. Tempo de Compostela (1989). Edición en lingua italiana e galega, ó coidado do profesor Giuseppe Tavani. Con "Tempo di Compostela", a Editorial Japadre, iniciou a colección "Poeti e Prosatori Galeghi". Roma: Editorial Japadre. 37 debuxos para un país (1985). Sada: Ediciós do Castro.Con debuxos de Felipe Criado. Textos para un álbum de debuxos de Felipe Criado. 168 páxs. ISBN 978-84-7492-246-2. Compostela (1989). Barcelona: Talleres Gráficos Iberia.2ª edición en Biblioteca 114, 1991, El Correo Gallego. Con gravados de Alfonso Costa. Compostela (1991). Santiago: Ed. Compostela. Edición popular "Biblioteca 114", Nº 18. Obra poética (1993). Culleredo: Espiral Maior.Compilación da súa obra publicada, que inclúe dous poemarios inéditos (Poemas de amor a Xulia e As palabras e os días). Compilación da súa obra publicada, que inclúe dous inéditos: Poemas de amor a Xulia e As palabras e os días. 224 páxs. ISBN 9788488137166.

Pegadas no alcatrán (1994). Barcelona: Café Central. Ao pé de cada hora / Tempo de Compostela (2022). Vigo: Xerais. Cidade virtual (2003). Betanzos: Biblos Clube de Lectores. Cantos de ausencia. (Elexías 1959-2002) (2004). Vigo: A Nosa Terra.

Narrativa miniatura|García-Bodaño en 2007. O caleidoscopio (1992). Contos do Castromil, Vigo: Ir Indo. Despois titulado O Mosteiro. Os misterios de Monsieur D'Allier (1992). Vigo: Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-7154-832-0. Relatos. O Sinatra (2007). Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Ademais os relatos curtos A Pedra (1991), Conto de Reis (1991) e Ruth (1993).

Ensaio De onte a hoxe. Ensaios xornalísticos dende Compostela (1993). Santiago: Editorial Compostela. 143 páxs. ISBN 84-8064-034-0. Rafael Dieste: vida e obra en lingua galega (1995). A Coruña: Real Academia Galega). 164 páxs. ISBN 84-87987-09-5.

Tradución Eu son unha árbore, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 978-84-372-1368-2. Eu son unha fera, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 978-84-372-1367-5. Eu son unha rocha, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 9788437213668. Eu son o aire, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1369-X. Eu son o sol, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1371-1

Eu son unha pinga, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1370-3. Eu son o lume, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1375-4. Haruchan, de Anna Gasol e M. Gasol (1988). Barcelona: Onda. ISBN 84-7552-179-7. Qomolangma: asalto al Everest, de Antoni Ricart de Mesones (1988). Barcelona: Onda. ISBN 84-7552-180-0.

Viaxe por Galicia 1837, de George Borrow (1993). Vigo: Edicións Xerais de Galicia). ISBN 84-7507-694-7.

Obras colectivas Homenaxe a Fermín Penzol (1972, Galaxia). Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (1972, Galaxia). Ocho siglos de poesía gallega (1972, Alianza). Chile en el corazón. Homenaxe a Pablo Neruda (1975, Península). Homenaxe a Otero Pedrayo (1976, Galaxia). Poesía gallega de postguerra (1976, Ediciós do Castro). Homenaxe a Luís Seoane (1977, Cuco-Rei). Galicia: realidade económica e conflicto social (1979, Banco del Noroeste). Maside, un pintor para unha terra (1979, COAG Santiago). Antoloxía de poesía galega. Dos posmodernistas aos novos (1980, Galaxia). Coroa poética para Rosalía de Castro (1985, Xerais). Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia (1991). Homenaxe a Ramón Piñeiro (1991, Caixa Galicia). Os contos da campaña (1992, Xunta de Galicia). Rolda de amigos derredor de Francisco Fernández del Riego (1993). Ultreia. Poetas e pintores galegos fronte á droga (1993). 50 anos de poesía galega (1994, Penta). Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro). Coroa poética para un mártir (1996, Xerais). O entrelazo das palabras (1999). Río de son e vento, de César Morán (1999, Xerais). Manuel Luís Acuña (2000, Xerais). Homenaxe a Xavier Pousa (2001, Fundación Xoán Piñeiro). A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega. Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia). Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (2002, Fundación Premios da Crítica-Galicia). O libro dos abanos (2002, Follas Novas). Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas. Antón Avilés de Taramancos: 1935-1992, unha fotobiografía (2003, Xerais). Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, CCG). Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney). Narradio. 56 historias no ar (2003, Edicións Xerais de Galicia). Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior). 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo). Son de poesia (2005, Edições Fluviais, Lisboa). Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior). Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia). Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro). Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006, Xerais). Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora). A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium). Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora). Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia). Tamén navegar (2011, Editorial Toxosoutos). Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).150 Cantares para Rosalía de Castro miniatura|300px|No Teatro Principal de Pontevedra o Día das Letras de 2018. Premios Gañador do Premio de Poesía Galega e Poesía Castelá nas Festas Minervais en 1959. Premio da Crítica de poesía galega no 1978, por Tempo de Compostela. Premio da Xunta de Galicia á Creación Cultural en 1988. Premio da Crítica de narrativa galega no 1992, por Os misterios de Monsieur D´Aillier. Premio O Escritor na súa Terra da AELG no 2004. Premio Cultura Galega das Letras no 2012"Salvador García-Bodaño, Premio Cultura Galega das Letras 2012" 19/11/2012, RAG. Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela no 2012. Premio Voz da Liberdade do PEN Clube de Galicia no 2013. Medalla de ouro e título de Fillo adoptivo de Santiago de Compostela en 2014. Ademais, o concello de Santiago dedicoulle unha praza no barrio de San Lázaro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas : Páxina web oficial na Biblioteca Virtual Galega. Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Premios da Cultura Galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Tradutores do castelán Categoría:Tradutores do inglés