Ferdulfo (?-?) foi duque longobardo de Friúl ao principio do século VIII.

Traxectoria Orixinario da Liguria, subiu ao trono do ducado despois da morte do rexente Adón. Segundo a tradición recollida por Paulo Diácono, quería demostrar a súa forza atraendo con ricos dons ao ducado aos eslavos para despois acabar con eles. Algúns bandidos eslavos, que penetraron no Friúl, entregáronse ao saqueo dos campos e dos rabaños ata que Argait, rector desa área Cargo ao que correspondía poderes non mellor definidos; é posíbel que se tratase do xefe dunha das faras situadas no Friúl baixo a autoridade do duque de Cividale., os puxo en fuga; Ferdulfo insultouno duramente. Días despois, o exército eslavo irrompe en masa no ducado e situouse na curota dun escarpado monte: o duque comezou ad ar voltas ao monte para atopar a posición máis propicia a fin de lanzar o ataque, pero Argait retouno, sostendo que había de alcanzar o inimigo antes que Ferdulfo. Este seguiu a Argait pola vía máis difícil; as súas tropas seguírono, permitindo aos eslavos vencelos con facilidade. Ambos morreron na batalla.

Fontes Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán. 1992).

Notas

Categoría:Duques de Friúl Categoría:Finados en 705