Victor Marie Hugo /viktɔʁ maʁi yɡo/ —inscrición completa na súa acta de nacemento: Victor, Marie Hugo—O emprego da coma e non do guion mostra que se trata de segundo nome e non dun nome composto -ver a súa acta de nacemento —. O escritor e poeta asinaba como 'Victor Hugo'. Respecto da escritura do seu nome propio con ou sen acento, aínda que existe bibliografía que utiliza ambas formas, ao non existir unha clara maioría que sustente a súa adaptación ao galego, optouse pola norma habitual de manter os antropónimos estranxeiros na súa forma orixinal e que, neste caso, é sen acento. , nado en Besançon o 26 de febreiro de 1802 e finado en París o 22 de maio de 1885, foi un dos máis importantes escritores do romanticismo en francés e a miúdo é identificado como un dos mellores poetas franceses. Tamén foi un político e intelectual comprometido e influente na historia do seu país e da literatura do século XIX. Era irmán dos tamén escritores Eugène Hugo e Abel Hugo.

Ocupa un posto notable na historia das letras francesas do século XIX nunha gran variedade de xéneros e ámbitos. Foi un poeta lírico, con obras como Odes et Ballades (1826), Les Feuilles d’automne (1832) ou Les Contemplations (1856), poeta comprometido contra Napoleón III en Les Châtiments (1853) e poeta épico en La Légende des siècle (1859 e 1877). Foi tamén un novelista popular e de grande éxito con obras como Notre-Dame de Paris (1831) ou Les misérables (1862). En teatro expuxo a súa teoría do drama romántico na introdución de Cromwell (1827), e ilústraa principalmente con Hernani (1830) e Ruy Blas (1838).

A súa extensa obra inclúe tamén discursos políticos na Cámara dos Pares, na Asemblea Constituente e na Asemblea Lexislativa -especialmente sobre temas como a pena de morte, a educación ou Europa-, crónicas de viaxes -Le Rhin (1842) ou Choses vues, (póstuma 1887 e 1890)?, así como unha abundante correspondencia.

miniatura|esquerda|Moeda conmemorativa do seu pasamento (1985)|160x160px

Contribuíu de forma notable á renovación lírica e teatral da época; foi admirado polos seus contemporáneos e aínda o é hoxe en día, aínda que certos autores modernos considerano un escritor controvertido. A súa implicación política, que lle supuxo unha condena ao exilio durante os vinte anos do Segundo Imperio Francés (1852-1870), permitiu a posteriores xeracións de escritores unha reflexión sobre a implicación e o compromiso dos escritores na vida política e social.

As súas opinións, á vez morais e políticas, e a súa obra excepcional, converterono nun personaxe emblemático a quen a Terceira República honrou á súa morte cun funeral de Estado, celebrado o 1 de xuño de 1885 e ao que asistiron máis de dous millóns de persoas, e coa inhumación dos seus restos no Panteón de París.

Traxectoria Infancia e xuventude

miniatura|upright|Casa natal de Victor Hugo na cidade de Besançon. Victor Hugo naceu o 26 de febreiro de 1802, fillo do xeneral do Imperio Joseph Léopold Sigisbert Hugo (1773‑1828) —nomeado conde, segundo a tradición familiar, por Xosé I Bonaparte,— xefe de batallón destinado na gornición de Doubs no momento do nacemento do seu fillo, e de Sophie Trébuchet (1772‑1821), unha dama moi desenvolta e independente de orixe bretón. Foi o menor dunha familia de tres fillos homes, tras Abel (1798‑1855) e Eugène (1800‑1837), pasou a maior parte da súa infancia en París. As frecuentes estancias en Nápoles e España, consecuencia dos destinos militares do seu pai, marcarán os seus primeiros anos. Así, en xuño de 1811 trasládanse a Madrid e ingresa como internado, xunto co seu irmán Eugène, nunha residencia relixiosa que os Escolapios tiñan no colexio de San Antón e que os ocupantes franceses convertiran nun «seminario de nobres». En 1813 Victor e os seus irmáns establecéronse en París coa súa nai, que se separara do seu marido debido á súa relación co xeneral Victor Lahorie, padriño e titor de Victor Hugo de quen recibe o seu nome. Anne-Martin Fugier, «Victor Hugo: la face cachée du grand homme», emisión do programa Secrets d'histoire en France 2, o 10 de xullo de 2012. En setembro de 1815, Victor e Eugène, os que separaron da súa nai, foron internados na pensión Cordier (ata 1818). Segundo Adèle Foucher, a súa muller, que tamén era a súa amiga da infancia, foi neste momento cando Víctor comezou a compoñer versos e comezou a súa Cahiers de vers français (Caderno de versos francés). Autodidacta, mediante probas e erros aprende a usar a rima e a medida. Adèle (1863), t. 1, p. 233. Recibe ánimos e apoios da súa nai á que, o igual que o seu irmán Eugène, le as súas obras. Os seus escritos son revisados ​​e corrixidos por un mozo profesor da pensión Cordier que fixo amizade cos dous irmáns. A súa vocación é precoz e a súa ambición inmensa; En xullo de 1816, con só 14 anos, Victor escribiu nun diario: «Quero selo Chateaubriand ou nada». Adèle (1863), t. 1, p. 339.

En 1817 participa nun concurso de poesía organizado pola Academia francesa sobre o tema «Felicidade que proporciona o estudo de todas as situacións da vida». O xurado está preto de concederlle o premio, pero o título do seu poema —Trois lustres à peine (Apenas tres lustros)— suxire demasiado a súa curta idade e a Academia cre que pode ser unha farsa, polo que recibe soamente unha mención. Adèle (1863), t. 1, pp. 331-347. Concorre sen éxito nos anos seguintes, pero en 1819 gaña, nun dos concursos organizados pola Academia dos Xogos Florais de Tolosa, unha «Lis de ouro» por Le rétablissement de la statue de Henry IV e un «Amaranto de ouro» por Les Vierges de Verdun, Adèle (1863), t. 1, p. 362. e un premio en 1820 por Moïse sur le Nil. Adèle (1863), t. 2, p. 1.

Animado polos seus éxitos, Hugo abandona as matemáticas, materia que cursaba no Liceo Louis le Grand para a que tiña aptitudes (seguía os cursos das clases preparatorias), e embárcase na carreira literaria. Cos seus irmáns Abel e Eugène, funda en 1819 unha revista, Le Conservateur littéraire ("O Conservador literario"), que xa atrae a atención sobre o seu talento. En 1821 falece prematuramente a súa nai e os seus primeiros poemarios, Odas e Poesías diversas, aparecen en 1822: o autor ten por entón vinte anos. A tirada de 1500 exelares esgótase en catro meses. O rei Lois XVIII, que posúe un exemplar, outórgalle unha pensión anual de mil francos, Adèle (1863), t. 2, p. 62. o que lle permite facer plans de matrimonio coa súa amiga Adèle Foucher.

Xove escritor miniatura|upright|Victor Hugo de mozo. A morte dá súa nai, o 27 de xuño de 1821, afectoulle profundamente. Adèle (1863), t. 2, cap. XXXV - La mort de la mère De feito os anos de separación do seu pai achegárano á ela.

Contraeu matrimonio o 12 de outubro de 1822 cunha amiga da infancia, Adèle Foucher, nacida en 1803, coa que tivo cinco fillos: Léopold (16 de xullo de 1823-10 de outubro de 1823); Léopoldine (28 de agosto de 1824-4 de setembro de 1843); Charles (4 de novembro de 1826-13 de marzo de 1871); François-Victor (28 de outubro de 1828-26 de decembro de 1873); Adèle (28 de xullo Algunos biógrafos dan a data do 28 de xullo —ver Annette en Victor Hugo ou l'éclat d'un siècle, ou André en Olympio ou la Vie de Victor Hugo, Hachette (1954), p. 189—, mentres que outros —ver Henri Adèle, l'autre fille de Victor Hugo p. 35, ou Auguste Villégiature de la famille Hugo à Saint Prix en La revue de l'histoire de Versailles et de Seine et Oise (1906), p. 129— optan polo 24 de agosto. de 1830-21 de abril de 1915), a única que sobrevivirá ao seu pai, pero cuxo estado mental, que decaerá moi pronto, conlevaralle moitos anos de ingreso en centros de saúde. Este matrimonio levou ao seu irmán Eugène, que pretendía tamén a esa mesma dama, á tolemia, unha esquizofrenia que tivo como consecuencia a súa reclusión, nunha institución para enfermos mentais, ata a súa morte en 1837. Adèle (1863), t. 2, cap. LXIV - La mort du frère.

Ese ano comezou a redacción de Han d'Islande (publicado en 1823) que recibiu unha morna acollida. Unha ben argumentada crítica de Charles Nodier, é o motivo dun encontro entre ambos os escritores e do nacemento da súa amizade, Adèle (1863), t. 2, cap. XL. e participa con el nas reunións do cenáculo da Bibliothèque de l'Arsenal (parte da Biblioteca Nacional de Francia), berce do Romanticismo, que teñen unha grande influencia no seu desenvolvemento como escritor. Esta amizade dura ata 1827-1830, cando Nodier comeza a ser moi crítico coas obras de Hugo. Durante este período, Victor reconcíliase co seu pai, Adèle (1863), t. 2, p. 87. que lle inspirará os poemas Odas ao meu pai e Après la bataille.A lenda dos séculos (1859): O seu pai falece en 1828.

A súa obra Cromwell , publicada en 1827, causou sensación. No prefacio deste drama, Victor Hugo oponse ás convencións clásicas, en particular as unidades aristotélicas do tempo e lugar, e senta as bases do seu drama romántico,As chamadas unidades clásicas, unidades aristotélicas ou as tres unidades, son unhas regras para o teatro clásico derivadas dunha pasaxe da Poética de Aristóteles: A «unidade de acción»: unha obra debería ter unha acción principal, sen ou con poucas tramas secundarias. A «unidade de lugar»: unha obra debería cubrir un único espazo físico único e non debería tentar comprimir a xeografía, tampouco a escena debería representar máis dun lugar. A «unidade de tempo»: a acción debería ocorrer en non máis de entre 12 e 30 horas. e establece os primeiros fundamentos do seu drama romántico. Nos tres anos seguintes, Hugo asegurarase a dirección do movemento romántico en Francia e a supremacía en todos os xéneros literarios. Na lírica, coa edición definitiva de Odas e baladas (1828) e, sobre todo, as Orientais (1829); en teatro, co drama romántico Hernani (febreiro de 1830), seguido de Marion de Lorme (1831); en narrativa, coa novela histórica Notre-Dame de París (marzo de 1831).

A parella recibe visitas a miúdo e traba amizade co crítico Sainte-Beuve, co poeta Lamartine, co mestre da novela curta Mérimée, co poeta Musset ou co pintor Delacroix. Adèle (1863), t. 2, cap. LI - Amis. A súa esposa Adèle mantén unha relación amorosa con Sainte- Beuve que ten lugar durante o ano 1831. Annette (1985), Segunda parte, cap. I, «Un ami intime» Entre 1826 a 1837, a familia pasa tempadas con frecuencia no Castelo de Roches en Bièvres, propiedade de Louis-François Bertin, director do xornal Journal des débats. Durante estas estancias, Hugo atópase con personaxes como o compositor Berlioz, o prosista Chateaubriand, e os pianistas e compositores Liszt e Giacomo Meyerbeer, e escribe coleccións de poesía entre as que se atopa o famoso Feuilles de automne.

En 1829 publica a colección de poemas Les Orientales. O último día dun condenado á morte aparece o mesmo ano e é seguida por Claude Gueux en 1834; nestas dúas novelas curtas, Hugo mostra o seu rexeitamento cara á pena de morte. A novela Notre-Dame de París publicase en 1831. Os anos do teatro Xa en 1828, montara unha obra de mocidade, Amy Robsart e, aínda que tamén publica coleccións de poesías, como Les Feuilles d'automne (As follas de outono) (1831), Les Chants du crépuscule (Os cantos do crepúsculo) (1835), Les Voix intérieures (As voces interiores)(1837), Les Rayons et les Ombres (Os raios e as sombras) (1840), entre 1830 e 1843, Hugo dedícase case exclusivamente ao teatro. miniatura|esquerda|Gravado da «batalla de Hernani» (J. J. Grandville, 1836).