Francisco Bustelo García del Real, nado en Madrid o 12 de xaneiro de 1933, é un político español de orixe galega.
Traxectoria Fillo de Francisco Bustelo Vázquez e Carlota García del Real, e neto de Ramón Bustelo González. Doutorouse en económicas na Universidade Complutense de Madrid e dereito na Sorbona de París. Entre 1967 e 1972 deu clases na Facultade de Económicas da Complutense e en 1972 logrou a cátedra de Historia Económica Mundial e de España na Universidade de Santiago de Compostela. Entrou na política durante os seus anos universitarios, foi un dos fundadores das Juventudes Socialistas<ref>[http://www.psoe-pe.org/export/sites/default/PSE/Los_diputados/M.Angel_Martinez_Martinez/Recursos/Articulos/Y_las_Juventudes_resurgieron_en_Espaxa_Artxculo_para_Renovacixn_xJSEx_12.10.05.doc Miguel Ángel Martínez Y las juventudes resurgieron en España"]</ref>, participou nas tentativas de rexurdimento do PSOE no interior, razón pola que pasou polo cárcere de Carabanchel, foi deportado no estado de excepción de 1969 á provincia de Teruel Manuel Longares, Reseña de La Izquierda Imperfecta, El Mundo. e tivo que se exiliar en Francia e Suíza durante case sete anosJuan Sinova, La Izquierda Fracasada. El Mundo.. No congreso do partido en Suresnes opúxose á elección de Felipe González como secretario xeral e ao abandono do marxismo, porén foi elixido membro da súa Comisión Executiva, dimitiu en 1976 por discrepancias coa dirección do seu partido. Foi membro do Comité Federal do PSOE e deputado pola provincia de Pontevedra (1977-1978) e senador por Madrid (1979-1982). Foi reitor da Universidade Complutense de Madrid (1981-1984).
En 1989 deixou o PSOE e ingresouEl Pasoc quiere ingresar en la Internacional Socialista. El País, 27 de maio de 1990. no PASOC partido integrante de Izquierda Unida. Por discrepancias con Julio Anguita deuse de baixa da coalición en 1996. No 2004 ingresou de novo no PSOE como militante de base.
Obras Introducción al socialismo marxista, 1979. Historia económica, 1994. Introducción a la historia económica mundial y de España (siglos XIX-XX), 1996. La izquierda imperfecta, 1996. Quince ensayos de historia económica, 1999. La historia de España y el franquismo'', 2006.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
Ligazóns externas
Entrevista a Francico Bustelo en El Siglo, 23 de xaneiro de 2006 Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado
Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1933 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes