Este artigo é sobre a novela de Xurxo Borrazás. Para outros significados, véxase crime

Criminal é unha novela publicada por Xurxo Borrazás en 1994. Recibiu o Premio da Crítica Española no ano 1994 e o Premio Arcebispo San Clemente en 1996.

Trama

Chucho Monteiro volve á súa aldea, na parroquia de Lendo (A Laracha), no lugar de Riba e pídelle ó seu irmán que lle deixe vivir coa súa familia. Desde diferentes puntos de vista, e con moitas regresións temporais, vai narrando os asasinatos cometidos por Chucho, e analizando a súa situación persoal, as súas teimas e as súas circunstancias.

Personaxes Xesús Monteiro Silva, alias Chucho. Daniel Monteiro Silva, irmán de Chucho. Dolores Serantes Lema, Lola, dona de Daniel. Daniel, o fillo de Lola. Moino, o can. O vello Monteiro, pai de Chucho e Daniel, tamén chamado Chucho. Carme, abusada por Chucho na xuventude. Moncho de Elvira, ou Monchiño, de 36 anos, gago. Marcial, cura da freguesía. Faustino, monago da igrexa de San Cristovo de Riba. Matías, de Zarauzt e traballando en Southampton. Manuel de Andrade, emigrante en Southampton.

Traducións Ao inglés por Carys Evans-Corrales como Vicious publicado en 2015 por Small Station Press, Small Stations FictionCriminal , na BiTraGa..

Notas

Categoría:Obras literarias de 1994 Categoría:Novelas en galego