miniatura|300px|Espermatozoide fecundando un óvulo Un espermatozoide ou espermatozooJaime Gómez Márquez et al. Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. 2010 Xunta de Galicia. Páxina 73, do grego clásico (seme) e (ser vivo), é a célula haploide que constitúe o gameto masculino. Os espermatozoides fórmanse no interior dos testículos, e únense ó ovocito para formar o cigoto. Un cigoto é unha célula con todo os cromosomas propios da especie e que se vai converter xeralmente nun embrión.

O espermatozoide é o resultado dunha meiose no testículo a partir dunha célula proxenitora. Este é o proceso de espermatoxénese.

Esta célula posúe: Cabeza: Esta porta a información xenética (unha copia de cada xene, xa que é unha célula haploide). Tamén achamos o acrosoma, resultado da fusión de lisosomas. Porta enzimas histolíticos para furar a membrana pelúcida do ovocito. Toda esta infraestrutura está rodeada dunha membrana que se prolonga ó pescozo. Pescozo: É unha estrutura estreita na que se achan microtúbulos modificados e o inicio do flaxelo. Peza media: Nela atópanse as mitocondrias, que subministran a enerxía necesaria. Empregan como combustible as reservas do espermatozoide, pero sobre todo os nutrientes do seme, como a glicosa. Cola, que será quen mova esta célula. Só contén unha membrana que engloba os microtúbulos do interior. dereita|miniatura|500px|Espermatozoide maduro humano.

Espermatoxénese

Proceso polo cal as células xerminais primordiais (espermatogonias) convértense en gametos masculinos. Ten unha duración aproximada de 74 días. O proceso comeza e desenvólvese nos testículos e remata coa maduración final no epidídimo. Lévase a cabo durante toda a vida do individuo, aínda que diminúe co comezo da andropausia. Consta de varias etapas: mitose, meiose I, meiose II e espermioxénese. Estas fases non ocorren á vez en todas as células senón que maduran de forma asincrónica e helicoidal ao largo do túbulo seminífero. Empeza o día 24 do embrión pero non será ata a puberdade cando comecen as meioses e se formen os primeiros espermatozoides.

Mitose: as espermatogonias (2n) de fenotipo Ad replicaranse formando 2 células fillas idénticas diploides e pouco diferenciadas. A espermatogonia permanece en mitose 16 días. Meiose I: as espermatogonias de fenotipo Ap poden dar lugar a espermatocitos secundarios (n). Este proceso dura 24 días. Meiose II: os espermatocitos secundarios en poucas horas convértense en espermátidas (n). Espermioxénese: non confudir coa espermatoxénese. Nesta última etapa as espermátidas (n) convértense en espermatozoides. O proceso dura 24 días. Durante este tempo, redúcese o citoplasma, o núcleo alárgase situándose na cabeza. As mitocondrías situaranse no pescozo e os centriolos na peza media para formar o flaxelo. O último paso ocorre no epidídimo, onde se obtén o acrosoma (contén enzimas necesarios para a fecundación) e o glicolema (protexe ó gameto do pH ácido da vaxina).miniatura|340x340px|Proceso final de espermioxénese.

Notas

Categoría:Citoloxía Categoría:Aparato reprodutor masculino Categoría:Células xerminais