Iván Cabrera Trigo, nado en Xinzo de Limia o 13 de agosto de 1984 , é un bombeiro e modelo galego. Traxectoria
Diplomado en enfermería, aprobou unhas oposicións a bombeiro e comezou a traballar nos servizos de extinción da súa comarca. En xaneiro de 2006 resultou elixido Míster Ourense e ao ano seguinte venceu no concurso de Guapo de España, un certame paralelo ao de Míster España, e onde participou representando a Aragón por consello da súa axencia. A partir desa primeira elección comezou a compaxinar o seu traballo de bombeiro co de modelo para empresas e casas comerciais. En marzo de 2008 resultou elixido Míster Universo no certame anual celebrado en Santo Domingo.
Como modelo ten desfilado ocasionalmente en Nova York e Miami. Tamén foi xogador do Antela FC, o equipo de fútbol a súa vila natal.
En 2019 presentouse ás eleccións municipais de Xinzo na candidatura do PP, mais non foi elixido concelleiro.
Notas
Categoría:Modelos masculinos de Galicia Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes