Luisa Castro Legazpi, nada en Foz o 6 de xaneiro de 1966 (2003): Diccionario universal bio-bibliográfico de autoras que escriben en castellano. Siglo XX. Madrid: Aconcagua Publishing. Páx. 106., é unha escritora e columnista galega en galego e castelán.

Traxectoria Filla de mariñeiro, Luisa Castro é a menor de dúas irmás. Logo de comezar estudos de Filoloxía Hispánica en Santiago de Compostela, trasladouse a Madrid. Alí colaborou con diversos medios de comunicación e especializouse en Lingüística pola Universidade Complutense. Amplíou os seus estudos en Urbino (Italia). En Nova York, onde se trasladou máis tarde, cursou un máster en guión. Regresou a Barcelona ao rematar.

Contraeu matrimonio co filósofo Xavier Rubert de Ventós, de quen se separou posteriormente, volvendo residir a Santiago de Compostela.

Traduciu ao castelán o libro de relatos Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín. Traballa como colaboradora habitual de La Voz de Galicia, El Mundo e El País.

Nos últimos anos foi directora do Instituto Cervantes de Nápoles, de Bordeos e de Dublín onde reside.

Obra en galego Poesía Baleas e baleas (1988). Sociedade de Cultura Valle-Inclán) accésit do VI Premio Esquío de poesía; (edición bilingüe galego-castelán: Ballenas 1992). Tamén foi traducida ao alemán. Un amor antigo (2022). Vigo: Galaxia. 110 páxs. ISBN 978-84-9151-935-5. Traducida ao castelán pola propia autora.

Obras colectivas Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro). Poetas e narradores nas súas voces. I (2001, Consello da Cultura Galega). Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega). From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008, Foreign Demand).

Artigos Melancolía de sofá (2009).

Obra en castelán Poesía Odisea definitiva. Libro póstumo (1984). Los versos del eunuco (1986) I Premio Hiperión. Los seres vivos (1988). Los hábitos del artillero (1989) VI Premio Rey Juan Carlos. De mí haré una estatua ecuestre (1997). Señales con una sola bandera: poesía reunida 1984-1997 (2004). Amor mi señor (2005). Actores vestidos de calle (2018).

Narrativa Novela El somier (1990) finalista do VIII Premio Herralde.En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia La fiebre amarilla (1994). El secreto de la lejía (2001) XXVI Premio Azorín. Viajes con mi padre (2003). La segunda mujer (2006) Premio Biblioteca Breve.

Relatos Podría hacerte daño (2005) XVI Premio Torrente Ballester.

Artigos "Carmen Martín Gaite" en Retratos literarios: escritores españoles del siglo XX evocados por sus contemporáneos (1997). Diario de los años apresurados (1998).

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Luisa Castro o la escritura doble", de Béatrice Rodríguez, en Mujeres novelistas: jóvenes narradoras de los noventa (coord. por Alicia Redondo Goicoechea; Madrid, Narcea, 2003, pp. 97–107). ISBN 84-277-1421-1. "En busca del secreto de la narrativa de Luisa Castro", de Ángeles Encinar, en La pluralidad narrativa: escritores españoles contemporáneos (1984-2004) (coord. por Ángeles Encinar Félix e Kathleen M. Glenn; Madrid, Biblioteca Nueva, 2005, pp. 149–162). ISBN 84-9742-447-6.

Ligazóns externas Ficha da autora en Xerais Poemas de Luisa Castro (en castelán) Páxina con poemas de Luisa Castro (en castelán)

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes