Marcos David Besada Pérez, nado en Salceda de Caselas en 1975, é un político galego, alcalde de Salceda de Caselas desde 2007 ata 2019.

Traxectoria Enxeñeiro técnico industrialMarcos Bicada (sic) volverá ser o candidato de Movemento Salceda nos próximos comicios locais (fe de errores publicada o día seguinte). Foi concelleiro do BNG en Salceda de Caselas dende 1999, sendo candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2003 e consolidándose como principal forza da oposición.

Nas eleccións municipais de 2007 logrou a vitoria, deixando fóra do poder tras 31 anos na alcaldía a José Manuel Fernández do PPdeG, e establecendo un pacto de goberno co PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOE. Memebro da corrente Máis Galiza, que abandonou o BNG en marzo de 2012, o 12 de abril de 2013 anunciou o seu abandono do BNG xunto cos cinco edís do seu grupo"El alcalde de Salceda y sus cinco ediles dejan el BNG, que agrava su pérdida de poder local", artigo no Faro de Vigo, 13 de abril de 2013 ., os cales conformaron o grupo Movemento SalcedaEl 90% de la militancia de Salceda (Pontevedra) deja el BNG y constituye, incluido el alcalde, 'Movemento Salceda' e co cal continuou gobernando en coalición coa única concelleira socialista. Nas municipais de 2015 encabezou Movemento Salceda e logrou gañar por maioría simple, sendo reelixido alcalde como cabeza da lista máis votada. En 2016 incorpórase ao proxecto de En Marea, e foi dos dirixentes que continuou na formación con Luis Villares logo de que dende finais de 2018 Podemos, Esquerda Unida e Anova a fosen abandonando. Encabezou de novo Movemento Salceda nas municipais de 2019, mais logo de sufrir unha notable perda de apoios e pasar de 6 a 4 concelleiros, quedando notablemente por detrás do PPdeG, optou por non recoller a acta de concelleiro co fin de facilitar que a súa formación puidese conservar a alcaldía mediante un pacto co PSdeG-PSOE. Finalmente a seguinte na lista de Movemento Salceda, Dolores Castiñeira, sucedeuno na alcaldía tras lograr un pacto de goberno "in extremis" cos socialistas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Salceda de Caselas

Categoría:Alcaldes de Salceda de Caselas Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados en Salceda de Caselas

Categoría:Nados en 1975