Córvulo (?-?) foi un duque longobardo do Friúl de principios do século VIII. Traxectoria Ascendeu ao ducado á morte de Ferdulfo, pero rexeu o ducado por pouco tempo: condenárono a ser cegado por ter ofendido ao rei Ariperto II. Destituído e substituído por Pemón, "viviu despois na vergonza", escribe Paulo Diácono. Fontes Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos Longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán, 1992).

Categoría:Duques de Friúl