Baldomero Cores Trasmonte, nado en Cee o 14 de outubro de 1929 e finado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 2014, foi un avogado, xornalista, sociólogo, catedrático e escritor galego.

Traxectoria Natural do concello de Cee, trasladouse a Santiago de Compostela aos dez anos de idade, alí realizou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, na Escola Social de Santiago de Compostela e en Madrid estudou políticas na Universidade Central, foi profesor de socioloxía na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense e catedrático de socioloxía na Universidade de Porto Rico (1968-1983).

Foi cronista de Cee durante os seus últimos 60 anos. Colaborou en numerosos medios xornais como La Noche, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e El Correo Gallego.

En 1983 retornou da súa prolongada emigración para ser o primeiro letrado do recentemente creado Parlamento de Galicia, participando plenamente no desenvolvemento da lexislación galega.

Obras en galego

Ensaio O corroncho de David, 1961. O libro negro da Galicia electoral, 1978. Dereito autonómico de Galicia, 1987, Xerais. Ciencia e galeguidade na II República, 1989, Xunta de Galicia. Teoría política e comunicación social, 1993. A constitución da galeguidade, 1995. Ramón de la Sagra, 1998. Os senadores da Universidade de Santiago, 1998, anexo XXVI dos Cuadernos de Estudios Gallegos, IEGPS. Santiago de Compostela, a gran panorámica, 2000. Ramón de la Sagra e Galicia, 2003. Unha viaxe pola rúa do Vilar, 2003. Enrique Rajoy Leloup: un protagonista do autonomismo galego, 2005. Luís Porteiro Garea, 2005, 3C3.

Obras colectivas A memoria de Santiago, 2000, Xerais.

Obras en castelán Ensaio Sociología rural de Galicia, 1973. Estatuto de Galicia: actas y documentos, 1976. Sociología política de Galicia, 1976. La devolución de Galicia: el Estatuto de ayer y hoy, 1977. La sociedad incompleta: el drama de la capitalidad en Galicia, 1981. Ramón Suárez Picallo: socialismo, galleguismo y acción de masas en Galicia, 1983, Ediciós do Castro. Los símbolos gallegos, 1986. Alfredo Vicenti: Vida y Obra de un Gran Periodista'', 2009.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Entrevista a Baldomero Cores USC.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Galegos de Porto Rico Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade Complutense de MadridCategoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cronistas de Cee Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Porto Rico Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Ensaístas de Galicia