A Yucca schidigera Roezl ex Ortgies , a iuca de Moxave, é unha especie de planta de flores pertencentes á familia Agavaceae. É nativa do Deserto de Moxave e do Deserto de Sonora, ao sueste de California, Baixa California, sur de Nevada e oeste de Arizona.
A iuca de Moxave é unha pequena árbore perenne que acada os cinco metros de altitude cunha densa coroa de follas dispostas cubrindo o final do tronco basal. A codia é de cor gris-marrón e está recuberto polas follas mortas preto da cima. As follas son de 30-150 centímetros de lonxitude e 4-11 centímetros de ancho na base, cóncavo-convexas, grosas, moi ríxidas e de cor amarela-verdosa a azul-verdosa.
As flores son de cor branca e algunhas veces con tonalidades púrpuras, acampanadas e de 3-5 centímetros de lonxitude que se producen en compactos grupos de 60-120 centímetros de altura ao final do talo. O froito é unha cápsula carnosa e verde que ao madura torna coriácea e marrón escuro de 5-11.5 centímetros de lonxitude a 3-4 centímetros de ancho a finais do verán.
Crece nos desertos rochosos e Creosota entre os 300-1200 metros de altitude, raramente sobre os 2500 m. Faille falta moito sol e unha excelente drenaxe. Está relacionado coa Yucca baccata, que se desenvolve nas mesmas áreas.
Sinónimos Sarcoyucca mohavensis (Sarg.) Linding. Yucca californica Nutt. ex Baker Yucca mohavensis Sarg. Yucca schidigera en Catalogue of Life. Véxase tamén
Bibliografía Foster S, Duke JA; A Field Guide to Medicinal Plants: Eastern and Central North America. Houghton Mifflin Co., Boston (1990).
Ligazóns externas Flora of North America: Yucca schidigera Jepson Flora Project: Yucca schidigera Desert USA entry for Mojave Yucca A photo of Y. schidigera flowers by Keir Morse Mojave yucca, with several pics of plant and fruit Additional info on the Mojave Yucca
Categoría:Yucca Categoría:Fibras vexetais Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de América do Norte