San Lourenzo de Abeleda é unha parroquia do concello ourensán de Porqueira na comarca da Limia.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 114 habitantes (53 homes e 61 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 150 habitantes.
Historia A primeira mención escrita é a San Lorenço de Porquera nas Noticias históricas de la Santa Iglesia Catedral de Orense de Juan Muñoz de la Cueva (1772), onde se indica que Pedro Seguín, bispo da diocese de Ourense entre 1157 e 1169, era orixinario de Paradela de Abelenda, anexo da freguesía de San Lorenço de Porquera. Durante o Antigo Réxime pertenceu á xuridición de Rairiz de Veiga, e tamén formou couto in-solidum coas parroquias de Güín, Golpellas, Barxeles, Souto e Couso, con xuíz, escribán e ministros que formaban audiencia en Couso de Salas.Pedro González de Ulloa (1777): Estados do Conde de Monterrey.
Demografía Os primeiros datos son do ano 1570, cando tiña cincuenta familias (sobre 250 habitantes). En 1683 tiña 70 familiasAllison M. Poska: Regulating the people: The cathollic reformathion in seventheenth century En 1777 Pedro Gonzaléz de Ulloa anotou que a parroquia tiña cen familias, vasalos do seu señor o Conde de Monterrei.
No Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal de Sebastián Miñano indícase que tiña 313 habitantes. No Diccionario enciclopédico escolar de 1889 indícase que tiña 504 habitantes. En 1910 Abelendo tiña 543 habitantes. En 1940 a parroquia tiña 416 habitantes de dereito e 492 de feito, que pasarían a ser en 1950 494 de dereito e 459 de feito, e en 1960 314 de dereito e 303 de feito. En 1970 tiña 329 habitantes de dereito e 313 de feito, e en 1980 354 persoas de dereito e 351 de feito.
Xeografía San Lourenzo atópase situado a 650 metros de altura sobre o nivel do mar, na parte máis ao suroeste da comarca da Limia. A parroquia esta atravesada polo río Limia e polo seu afluente regueiro dos Vales. A súa máxima elevación son os Picoutos, con 940 metros de altura, na marxa co concello de Calvos de Randín.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de San Lourenzo de Abeleda
Parroquias de Porqueira
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Porqueira
Categoría:Parroquias de Porqueira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo