Teodomiro foi bispo da diocese de Iria a comezos do século IX, no ano 818 até a súa morte no ano 847.
Foi quen puxo en coñecemento da corte de Afonso II de Oviedo.Fletcher, R.A. (1984) Saint James's catapult : the life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela. Clarendon Press: Oxford. isbn=978-0198225812 o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, nalgún momento entre o ano 818, cando aínda vivía o seu predecesor, o bispo Quendulfo, e mais o ano 842.
A data do achado non se pode precisar con exactitude sendo unha cuestión controvertida para a Doutrina, a Historiografía tradicional inclínase polo ano 813. Outra polo 814, 820-830 829, 830 e 835.
O bispo Teodomiro foi informado do achado a través do eremita ou ermitán Pelagius ou Paio, habitante da actual Solovio. Despois de varios días de oracións e de xaxún, o bispo Teodomiro adentrouse na fraga e atopou o sepulcro de pedra que gardaba tres corpos, identificados como os restos mortais do apóstolo Santiago o Maior e dous dos seus discípulos Teodoro e Atanasio.
Comunicoullo ao rei, e este acudiu rapidamente desde Oviedo a visita-lo lugar, converténdose así no primeiro peregrino documentado.
O 4 de setembro do ano 834, o rei Afonso II ofreceu a doazón ó bispo Teodomiro do contorno de tres millas do sepulcro, duplicado despois ata seis polo rei Ordoño I de Oviedo. Debido á importancia do achado, o bispo Teodomiro mudou a sé episcopal de Iria Flavia a Compostela
O "Libro dos Milagres do Apóstolo", o II Códice Calixtino, conta que sendo bispo Teodomiro veu un peregrino italiano penitente autor dun crime e de grandes pecados.
A lauda sepulcral atopouse nas escavacións realizadas por Chamoso Lamas no subsolo da Catedral de Santiago de Compostela, próximo ó suposto sepulcro do Apóstolo. Na lauda sepulcral de Teodomiro descuberta o 17 de setembro de 1955 dáse constancia da data da súa morte, o 20 de outubro de 847, coa seguinte descrición:
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Camiño de Santiago Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Finados en 847