O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983.DOG Núm. 102 Martes, 09 de agosto de 1983 Páx. 2225. Lei do Consello da Cultura Galega Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela."Resolución do 11 de maio de 1993, …, pola que se anuncia a licitación, …, das obras de rehabilitación de locais no Pazo de Raxoi para sede do Consello da Cultura Galega." miniatura|Dolores Vilavedra, actual presidenta. A súa presidenta é Dolores Vilavedra, ademais o Consello componse de representantes de entidades e personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Xestiona os seguintes arquivos: Arquivo Sonoro de Galicia, Centro de documentación sociolingüística de Galicia, Arquivo da emigración galega e Arquivo de comunicación.
Presidencia
Ramón Piñeiro (1983-1990) Decreto polo que se nomea presidente do Consello da Cultura Galega a don Ramón Piñeiro López" Xosé Filgueira Valverde (1990-1996) "Decreto 489/1990, do 2 de novembro, polo que se nomea presidente do Consello da Cultura Galega a José Fernando Filgueira Valverde" Carlos Casares (1996-2002) "Decreto 373/1996, do 17 de outubro, polo que se nomea presidente do Consello da Cultura Galega a Carlos Casares Mouriño""Decreto 284/2000, do 1 de decembro, polo que se nomea a Carlos Casares Mouriño presidente do Consello da Cultura Galega" Alfonso Zulueta de Haz (2002-2006) "Decreto 137/2002, do 25 de abril, polo que se nomea presidente do Consello da Cultura Galega a Alfonso Zulueta de Haz" Ramón Villares (2006-2018) "Decreto 71/2006, do 27 de abril, polo que se nomea a Ramón Villares Paz presidente do Consello da Cultura Galega.""Decreto 94/2010, do 10 de xuño, polo que se nomea a Ramón Villares Paz presidente do Consello da Cultura Galega""Decreto 78/2014, do 26 de xuño, polo que se nomea a Ramón Villares Paz presidente do Consello da Cultura Galega" Rosario Álvarez Blanco (2018-2026)
Dolores Vilavedra (2026-) Dende 2006 os cargos foron escollidos polo Pleno do CCG, se ben con anterioridade os presidentes ocuparon este posto debido á morte do anterior.
Institucións representadas no pleno Consellería de Cultura Real Academia Galega Fundación Rosalía de Castro Real Academia Galega de Ciencias Universidade de Santiago de Compostela Real Academia Galega de Belas Artes Fundación Barrié Consello Galego de Museos Instituto de Estudos Xacobeos Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento Fundación Penzol Universidade de Vigo Instituto da Lingua Galega
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Álbum da Ciencia Álbum de Mulleres Álbum da JAE Arquivo Sonoro de Galicia Encontros para a Normalización Lingüística
Ligazóns externas Consello da Cultura Galega Decreto 162/2008, do 10 de xullo, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do Consello da Cultura Galega