Juan Vicente García Aguirre, nado en Donostia (Guipúscoa) o 11 de febreiro de 1970, é un guitarrista español, compoñente do conxunto zaragozano Amaral.

Traxectoria Viviu os seus primeiros anos no barrio de Gros de Donostia, e despois marchou a Zaragoza. Foi guitarrista nunha banda de Pop-Rock de matices psicodélicos chamada Días de vino y rosas, que editou só un disco no ano 1990, de nome homónimo ao grupo.

En 1993 coñece a Eva Amaral, con quen forma o grupo Amaral. Durante 5 anos, adícanse a compoñer e tocar en pequenas salas de Zaragoza. Até 1997, trasládase xunto a Eva a Madrid, e ese mesmo ano firman con Virgin-EMI para gravar o seu primeiro material discográfico. Ao ano seguinte, sae ao mercado o primeiro álbum do grupo, titulado Amaral.

Ata a actualidade gravaron cinco discos con grande éxito, converténdose nun dos grupos españois de maior éxito dentro e fóra das nosas fronteiras. Durante a xira de Pájaros en la cabeza, Juan tamén cantaba. Concretamente "Tardes", que foi composta por el e incluída no primeiro disco. No 2008, Eva e Juan versionaron "A Hard Rain's a-Gonna Fall" de Bob Dylan, canción promocional para a exposición internacional que se celebrará en Zaragoza. A súa versión chámase "Llegará la tormenta".

Discografía Álbums *Amaral(1998)*Una pequeña parte del mundo(2000)*Estrella de mar(2002)*Pájaros en la cabeza(2005)*Gato negro◆Dragón rojo(2008)

DVDs *El comienzo del Big Bang(2005)

Véxase tamén Outros artigos Amaral

Ligazóns externas Páxina oficial do grupo (en español) Amaral-Online.net - Web non oficial con gran material: rarezas, fotos, vídeos, foro etc. (en español) UniversoAmaral.com - Web non oficial que contén fotos, vídeos, novas, foro... (en español) Web non oficial onde atoparás imaxes, vídeos, novas... (en espñaol)

Categoría:Músicos do País Vasco Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1970 Categoría:Guitarristas de España