Crater ou Copa é unha das 88 constelacións e tamén foi unha das 48 listadas por Tolomeo. Dise que representa a copa de Apolo. Non ten estrelas cun brillo maior á cuarta magnitude.

Estrelas principais

γ Crateris é unha binaria pechada, cunha magnitude de 4,06 , un ángulo de posición de 96° e unha separación de 52". A súa compañeira é de 9,6. Este sistema está localizado a 84 anos luz do Sol.

R Crateris é unha semirregular variable do tipo SRb e unha clasificación espectral de M7. Ten unha magnitude de 9,8 a 11,2 e un período óptico de 160 días.

SZ Crateris é de magnitude 8,1 e é unha estrela variable. É un sistema estelar localizado bastante preto de nós, a uns 44 anos luz. Tamén é identificada co nome de Gliese 425, e no pasado foi coñecida coma a estrela de Abt.

Estrelas con nome propio:

(7/α Crt) 4,08 Alkes الكاس\الكأس alkās/alka’s A vasilla ou Cunca

(11/β Crt) 4,46 Al Sharasif < ? As costelas (da Hydra) (12/δ Crt) 3,56 Labrum ou Santo Graal Estrelas con designación de Bayer: 15/γ Crt 4,06; 14/ε Crt 4,81; 27/ζ Crt 4,71; 21/θ Crt 4,70; 30/η Crt 5,17; 24/ι Crt 5,48; 16/κ Crt 5,93; 13/λ Crt 5,08; ψ Crt 6,11 Estrelas con designación de Flamsteed: 17 Crt (binaria) 4.93, 5,64; 31 Crt 5,28 Outras estrelas notables: BD-10°3166 10,0 (ten un planeta extrasolar). HD 98800, sistema estelar cun disco de po. LHS 2397a, sistema binario de baixa masa, composto por unha feble anana vermella e unha anana marrón.

Obxectos Notables do espazo profundo NGC 3511 é unha galaxia en espiral cunha barra esvaecida preto do bordo, do tipo SBbc. É un membro do cúmulo de galaxias Abell 1060. Esta galaxia e dunha magnitude de 12, e dun tamaño de 4' x 1'.

NGC 3887 é unha galaxia de espiral barrada do tipo SBc, de magnitude 11, cun diámetro de 3,5'.

NGC 3981 é unha galaxia espiral con dous brazos ben separados, do tipo SBbc. A súa magnitude e 12 cun diámetro de 3'. Esta galaxia foi descuberta por William Herschel no 1785.

Mitoloxía Na mitoloxía grega, un corvo servía a Apolo, e foi enviado a traer auga, pero este quedou a esperar que uns figos dunha figueira madurasen para poder comelos. Despois de varios días de espera, e de finalmente obte-la auga na fonte, regresou levando ademais do cráter onde levaba a auga, unha serpe de auga (chamada tamén hidra), e coma escusa pola súa tardanza explicou que esta serpe bebíase cada día a auga da fonte (noutros relatos o corvo dicía que a serpe o tiña atacado). De acordo co mito, Apolo descubriu o engano, e furioso mandou o corvo, ó cráter e a serpe ó ceo. A orixe desta fábula é debido á proximidade desta constelación coas do Corvus, e da Hydra, na área do firmamento coñecida coma Mar.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Corvus Hydra

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Crater Star Tales – Corvus and Crater

Categoría:Constelacións