O Encontro Irmandiño foi un partido político galego que naceu como colectivoO Encontro Irmandiño constitúese en colectivo, Galicia Confidencial, 20/07/07 do Bloque Nacionalista Galego no ano 2007. O 12 de febreiro de 2012 deslígase do BNG,"La corriente de Beiras rompe definitivamente con el BNG", artigo en El País, 12 de febreiro de 2012 . rexistrándose pouco despois, o 23 de marzo, como partido político. Encontro Irmandiño liderou o proceso de confluencia do chamado Novo Proxecto Común, que culminou na creación do partido Anova-Irmandade Nacionalista en xullo de 2012.El proyecto liderado por Beiras nace como ANova - Irmandade Nacionalista La Voz de Galicia, 14/07/2012 .
Estrutura Encontro Irmandiño naceu no proceso de debate da XII Asemblea do BNG, celebrada en Santiago de Compostela o 2 e 3 de decembro de 2006, dando nome á unha das listas críticas coa maioritaria liderada por Anxo Quintana. A lista propugnada polo Encontro Irmandiño conseguiu nove dos cincuenta membros do Consello Nacional e sentou a tres dos membros na Executiva Nacional.Quintana integra a Beiras e catro críticos na executiva dun novo “Bloque de todos” , Galicia Hoxe, 04/12/06 Foi a segunda lista en número de votos. Un dos seus obxectivos era o de defender o modelo de organización asemblearista tradicional do BNG, que con todo a maioría dominante no BNG finalmente mudou nesta asemblea por un modelo de compromisarios.Quintana es reelegido al frente del BNG con Beiras en la dirección El País, 04/12/2006 .
Encontro Irmandiño constituíuse en colectivo organizado dentro do BNG o 21 de xullo de 2007 nunha asemblea constituínte celebrada en Santiago de Compostela. Encabezado por Xosé Manuel Beiras Torrado, o Encontro defende unha volta aos principios fundacionais do BNG, como a democracia interna, asemblearismo e a comunicación fluída entre os estamentos da organización. Tense dotado duns documentos de bases, que guían o seu traballo político.
Pouco despois da escisión de varios sectores do Bloque Nacionalista Galego trala súa XIII Asemblea Nacional, entre eles o Encontro Irmandiño,O nacionalismo galego refúndase, El Mundo, 11 de maio de 2012. comezaron varios procesos de confluencia que, por unha banda, materializáronse na creación do Novo Proxecto Común. O 14 de xullo de 2012 celebrouse en Santiago de Compostela a Asemblea Nacional do Novo Proxecto Común,Novo Proxecto constitúese en asemblea sen o independentismo e cunha candidatura de consenso con Beiras e Noriega, Europa Press, 13 de xullo de 2012. adoptando o nome de ANOVA-Irmandade Nacionalista, cunha coordinadora nacional de 75 membros entre os que se atopaban os irmandiños Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, daquela alcalde de Teo.ANOVA-Irmandade Nacionalista, nome da organización política, Europa Press, 14 de xullo de 2012.Constituída a nova formación galega ANOVA-Irmandade Nacionalista , ABC, 14 de xullo de 2012.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Anova-Irmandade Nacionalista BNG Xosé Manuel Beiras Torrado Ligazóns externas Páxina oficial Blog do Encontro Irmandiño
Categoría:Partidos nacionalistas galegos Categoría:Encontro Irmandiño