Ceraxe é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 29 habitantes (12 homes e 17 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2010, cando tiña 35 habitantes.

Neste lugar naceu o pai franciscano Andrés María Solla García.

Patrimonio Neste lugar atópanse dous cruceiros: un no Campo (Ceraxe de Arriba) e outro en Ceraxe de Abaixo. Aquí atopábase o pazo de Ceraxe. Parte das súas pedras foron usadas na construción da casa reitoral de Valongo.

O peto de ánimas da Meixoa (Ceraxe de Arriba) foi construído en 1878. É de tipo pechado, coroado cunha cruz alta e dous pináculos aos lados. Ten un fornelo pequeno arqueado, cun retablo de pedra policromada protexida por un vidro. O retablo ten a imaxe da Virxe co Neno Xesús sobre unha nube, un bispo baixo ela, e tres ánimas entre lapas por baixo deste. Ten dúas inscricións: na esquerda, TODOS DE CORAZON POR CIERTO SECOREDENOS CON EL PADRE NUESTRO, e na dereita TODOS LOS QUE IDES PASANDO ACORDADOS DE NOSOTRAS QUE ESTAMOS PENANDO.

Lugares e parroquias Lugares de Aguasantas

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade

Notas

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade