A Godela é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 1 habitante (1 home), o que supón un aumento con respecto a 2010, cando estaba deshabitado.
Patrimonio
Polo lugar pasa o camiño de pedra que vai desde O Trebello até A Sualomba (A Lama), cruzando o río Barbeira a través da ponte do Peso.
Neste lugar está un conxunto de dúas construcións en mal estado de conservación, coñecidas como casa da Peste. Unha das casas ten un patio interior con dous arcos, e nun lintel a inscrición dun ano, 1721. A carón das casas está o peto de ánimas da Godela, de 1844.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Aguasantas
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade
Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade