Sucastro é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 14 habitantes (8 homes e 6 mulleres), o que supón un aumento con respecto a 2010, cando tiña 11 habitantes.
O lugar está situado a carón da desembocadura do río Barbeira no río Verdugo, xunto ó concello da Lama.
Neste lugar atópase o petróglifo de Sucastro, un conxunto de tres rochas gravadas na idade de Ferro. Tamén está nel o muíño de Sucastro, no devandito río Barbeira.
O lugar debe o seu nome a que está situado ó pé dun castro.
Lugares e parroquias Lugares de Aguasantas
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade
Notas
Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade