Antón Martínez-Risco Fernández, máis coñecido como Antón Risco, nado en Allariz o 30 de maio de 1926 e finado en Vigo o 7 de febreiro de 1998, foi un escritor galego, fillo de Vicente Risco.
Traxectoria
Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, exerceu a docencia na Universidade de Tolosa, onde estivo en contacto con republicanos e exiliados do franquismo. Logo dunha estancia en Oregón, en 1964 asentouse no Quebec, acadando a praza de catedrático de lingua castelá e portuguesa na Universidade de Laval. Trala súa xubilación regresou a Galiza, onde morreu por mor dun cancro.
É autor de numerosos traballos de teoría e crítica literaria, sendo especialista na obra de Valle-Inclán. Tamén é coñecido pola súa obra de ficción en galego.
Na súa honra, creouse en 2015 o Premio Antón Risco de literatura fantástica.
Obra Narrativa Memorias dun emigrante (1986). Vigo: Galaxia. Premio da Crítica española. 177 páxs. ISBN 978-8471545534. O caso (1989). Santiago: Sotelo Blanco. 302 páxs. ISBN 84-86021-85-5. As metamorfoses de Proteo (1989). Vigo: Galaxia. Premio da Crítica de Galicia. 256 páxs. ISBN 9788471546647. Xogo de gardas e ladróns (1989). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-458-8. A noite do sábado (1991). Vigo: Ir Indo. 111 páxs. ISBN 978-8476800607. Tres situacións elementais (1991). Vigo: Galaxia. 284 páxs. ISBN 9788471548078. Margarida d´Ouridac (1993). Sada: Ediciós do Castro. 84 páxs. ISBN 84-7492-593-2. Hipogrifo (1994). Vigo: Xerais. ISBN 978-8475077857. Mascarada (1995). 156 páxs. ISBN 9788482880136. Tánata (1998). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-8483022085. Os fillos do río (1999). Vigo: Galaxia. 192 páxs. ISBN 978-8482882864. O embrión (2002) Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-8288-572-8.
Ensaio A figuración literaria I (1991). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 9788475075839
Conversas Risco segundo Risco, por Arturo Lezcano Fernández (2013). Vigo: Galaxia.
Obras colectivas Para ler a Vicente Risco (1997). Vigo: Galaxia. Con Arturo Lezcano Fernández. 216 páxs. ISBN 978-84-8288-133-1.
Obra en castelán Ensaio Estética de Valle-Inclán en los esperpentos y en "Ruedo ibérico" (1967). Gredos. Demiurgo y su mundo: Hacia un nuevo enfoque de la obra de Valle-Inclán (1977). Gredos. Azorín y la ruptura con la novela tradicional (1980). Alhambra. Literatura y figuración (1982). Gredos. Literatura fantástica de la lengua española (1987). Taurus.
Obras colectivas El relato fantástico: historia y sistema (1998). Colegio de España, Salamanca.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes