María Anxos Sumai García, nada en Oeste (Catoira) o 29 de novembro de 1960, é unha documentalista, tradutora e escritora galega.

Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xeografía e Historia e especializouse en Biblioteconomía, Arquivística e Documentación. Dende 1985 traballa como bibliotecaria e documentalista na Biblioteca Nodal e no Museo Provincial de Pontevedra. Tamén coordina a Área de Documentación do Consello da Cultura Galega.

Colaboradora de distintas publicacións nos anos oitenta e noventa, a súa actividade literaria desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal culturagalega.org, onde tivo as seccións Anxos e diaños, con Roberto Ribao, Anxos da garda e Crítica da memoria pura.arquivado do orixinal o 3 de xullo de 2013 Colaborou na segunda etapa da revista Guía dos Libros Novos coa sección "Hemisferio Oeste" (2003-2004). No Diario Cultural da Radio Galega tivo o espazo “Somos perigosamente normais”.

Obra Narrativa Anxos da garda (2003). A Nosa Terra. 216 páxs. Recolleita de artigos en forma de diario. Melodía de días usados (2005). Galaxia. 384 páxs. Así nacen as baleas (2007). Galaxia. 164 páxs. Traducido ao castelán como Así nacen las ballenas, 2010, por Laura Almazán en Faktoría K., e ao inglés como That's how whales are born, 2017, por Carys Evans-Corrales en Small Station Press. A lúa da colleita (2013). Galaxia. 244 páxs. Traducido ao castelán como La luna de la cosecha, 2016, por Xosé Antonio López Silva en Mar Maior.

Ensaio miniatura|Presentando Lampíricos de Antón Lopo na Libraría Paz de Pontevedra, 15 de maio de 2021Perigosamente normais (2008). Universidade de Santiago de Compostela.

Traducións Diarios, de Syra Alonso (2000). A Nosa Terra. Tres tempos e a esperanza, de Mariví Villaverde (2002). A Nosa Terra. Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo (2009). Galaxia.

Obras colectivas Pano de lona (2005, Arquivo Pacheco). Fisuras no cotián. Nove narradoras no relato de xénero (2006, Xunta de Galicia). 24 10 06 (2007, Candeia Editora, Santiago de Compostela). Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais). Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre literatura e cociña. O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "Flor branca de Boabab". Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia. Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.

Premios Premio Novos Valores da Narrativa Galega no 1985. Accésit do no XI Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro no 1985, por Relembranzas con Palmira e Banana Split. Premio da Crítica de Galicia de Creación Literaria no 2004, por Anxos de garda. II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF no 2007, por Así nacen as baleas.. Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres 2007, polo seu espazo de opinión Somos perigosamente normais.Emitido semanalmente no Diario Cultural da RG durante o 2006. Premio á Mellor autora do ano pola Asociación Galega de Editores en 2007. Premio Arcebispo San Clemente no 2008, por Así nacen as baleas. Premio García Barros no 2013, por A lúa da colleita. Premio da Crítica Española de 2013, por A lúa da colleita. Premio da AELG á mellor obra narrativa do 2013, por A lúa da colleita.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros Páxina web da autora

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Catoira Categoría:Nados en 1960 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gañadores do Premio García Barros