Vítor Vaqueiro Foxo, nado en Vigo o 4 de agosto de 1948, é un escritor e fotógrafo galego.
Traxectoria Estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e despois duns anos (até 1986) de exercicio docente de matemáticas no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades. Foi cofundador do colectivo fotográfico Canbranco e do Centro de Estudos Fotográficos. Entre os anos 2007 e 2011 foi diretor do Arquivo Pacheco. Tamén foi profesor das materias de Fotografía, Fotoxornalismo, Dirección de Fotografía e Proxecto Audiovisual na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os anos 80. O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiron outros. En 1968 (2018) recolle e poetiza as experiencias santiaguesas do ano citado, as asembleas, as manifestacións, a politización da universidade. Uns anos despois ata chegou a pasar varios días detido por motivos políticos.
Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación sobre as festas populares de Galicia. Colaborou con A Nosa Terra, Tempos Novos e Sermos Galiza. miniatura|Na presentación de 1968 no Espazo Nemonon de Pontevedra, 05/03/2019 En 2003 obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, pola súa tese A obra fotográfica dos Pacheco no período 1909-1936.
En 2020 recibiu a letra E, de escritor, outorgada pola AELG en Santiago.
Obra en galego Poesía Lideiras entre a paisaxe (1979). Edicións Castrelos. 67 páxs. Informe da gavilla (1980). Galaxia, colección Dombate. 84 páxs. ISBN 978-84-7154-362-2. Camiño de Antioquía (1982). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 63 páxs. ISBN 84-860446-03-3. A fraga prateada (1983). Galaxia. 140 páxs. ISBN 978-84-7154-453-7. A cámara de néboa (1989). Sotelo Blanco. ISBN 978-8486021948. Traxectorias. Obra poética (1977-2002), (2004). Espiral Maior. 256 páxs. ISBN 84-95625-84-9. Palavras a Espártaco (2015). Através. ISBN 978-84-87305-89-4 1968 (2018). Laiovento. 140 páxs. ISBN 84-8487-426-3.
Narrativa O soño dirixido (1992). Ir Indo. 167 páxs. ISBN 978-8476800744. Os xenerais de África (1999). Galaxia. 132 páxs. ISBN 978-84-8288-267-3. Os nomes da morte (2002). Galaxia. 268 páxs. ISBN 978-84-8288-570-4. Os espellos do tempo (2008). Galaxia. 298 páxs. ISBN 978-84-9865-115-7. O soño (re)dirixido (2010). Galaxia. 2ª edición, corrixida e aumentada de O soño dirixido. 240 páxs. ISBN 978-84-9865-285-7. Ensaios sobre o efémero (2025). Vigo: Galaxia. 174 páxs. ISBN 978-84-1176-466-7. Relatos.
Ensaio Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria (1998). Galaxia. 550 páxs. ISBN 978-84-8288-205-5. Guía do Norte de Portugal (2001). Galaxia. 364 páxs. ISBN 978-84-8288-476-9. Mitoloxía de Galiza (2011). Galaxia. 576 páxs. ISBN 978-84-9865-387-8. Da identidade à norma (2017). Laiovento. Con Nicolás Xamardo. 260 páxs. ISBN 84-8487-347-1. Facedores de Imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo 1870-1915 (2022). Galaxia. 124 páxs. ISBN 978-84-9151-936-2. Bestiario (2025). Néspera Editora. Con Ánxel Huete. ISBN 978-84-125536-11.
Obras colectivas II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado. III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado. IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado. Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado. VI Festival da Poesía no Condado, 1986, S. C. D. Condado. VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado. Celanova, 1989, Ir Indo. Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro. Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro. Construír a paz, 1996, Xerais. Guía de festas populares de Galicia, 1997, Galaxia. En colaboración con Xosé Manuel González Reboredo. Novo do trinque, 1997, BNG. Pacheco: a memoria dun tempo e dun país, 2002, Concello de Vigo/Lunwerg. Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora. Tamén navegar, 2011, Editorial Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios 2º Premio do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1978. Premio Esquío de poesía no 1981, por Camiño de Antioquía. Premio da Crítica Española de poesía no 1984, por A fraga prateada. Premio da Irmandade do Libro no 2012, por Mitoloxía de Galiza.
Obra en castelán Ensaio Galicia mágica (2004). Galaxia. 184 páxs. ISBN 978-84-8288-705-0. Cinco títulos esenciales para comprender las tradiciones gallegas (2010). Vigo: Galaxia. 904 páxs. ISBN 978-84-9865-278-9.Os cinco autores son: Vítor Vaqueiro, Xosé Manuel González Reboredo, Antonio Fraguas, Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Premio Esquío Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1948 Categoría:Profesores de educación secundaria