Entre les murs (Entre as paredes), é unha película francesa realizada en 2008 por Laurent Cantet e baseada na novela homónima de François BégaudeauPublicada en galego en 2009 por Xerais.. Esta película recibiu a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008, algo que non ocorría cunha película francesa desde o 1987, ano no que Sous le soleil de Satan (Baixo o sol de Satanás) de Maurice Pialat recibía o dito premio.

Sinopse François é un xove mestre de lingua francesa nun instituto difícil, situado nun barrio conflitivo. Os seus alumnos teñen entre 14 e 15 anos. Non dubida en enfrontarse a Esmeralda, a Souleymane, a Khoumba e ós demais en estimulantes liortas verbais, como se a lingua estivese en xogo. Pero a aprendizaxe da democracia pode implicar auténticos riscos. François e os demais profesores prepáranse para se enfrontar a un novo curso. Cheos de boas intencións, desexosos de proporcionarlles a mellor educación ós seus alumnos, ármanse contra o desalento. Pero as culturas e as actitudes enfróntanse na clase, microcosmos da Francia contemporánea. Por moi divertidos e estimulantes que sexan os adolescentes, os seus comportamentos poden cortar de raíz o entusiasmo dun mestre que non cobra dabondo.

Premios e nomeamentos Ano Premio Categoría Receptore(es) Resultado 2008 Festival de Cannes Palma de Ouro Laurent Cantet Gañadora Premios del Cine Europeo Mellor película Nomeada Mellor director Laurent Cantet Nomeado Premios Satellite Mellor filme en lingua estranxeira Nomeada 2009 Premios Óscar Mellor filme internacional Nomeada Premios César Mellor película Carole Scotta Caroline Benjo Laurent Cantet Nomeada Mellor director Laurent Cantet Nomeado Mellor guión adaptado François Bégaudeau Robin Campillo Laurent Cantet Gañadora Mellor montaxe Robin Campillo Stephanie Leger Nomeada Mellor son Olivier Mauvezin Agnes Ravez Jean-Pierre Laforce Nomeada Les Prix Lumière Mellor película Laurent Cantet Gañadora Premio da audiencia Laurent Cantet Gañadora Étoiles d'Or Mellor película Laurent Cantet Gañadora Premios David de Donatello Mellor película da Unión Europea Laurent Cantet Nomeada Premio Sur Mellor película estranxeira Laurent Cantet Gañadora Image Awards Mellor película estranxeira Gañadora Premios Independent Spirit Mellor película en lingua non inglesa Laurent Cantet Gañadora 2010 Premios Goya Mellor película europea Laurent Cantet Nomeada Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor película en lingua estranxeira Nomeada Robert Festival Mellor película non americana Laurent Cantet Nomeada Premio Bodil Mellor película non americana Laurent Cantet Nomeada Premio Chlotrudis Mellor guión adaptado Laurent Cantet Robin Campillo François Bégaudeau Nomeada Premio Cóndor de Plata Mellor Película Estranxeira Gañadora

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar

Ligazóns externas Ficha na IMDb . Ficha en Filmaffinity .

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua bambara Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro