Jules Gilliéron, nado en La Neuveville, Suíza, o 21 de decembro de 1854 e finado en Cergnaux o 26 de abril de 1926, foi un dos lingüistas suízos máis prestixiosos de finais do século XIX e comezos do XX.
Ademais da súa importante contribución á dialectoloxía francoprovençal, a súa obra máis saliente, polo talle colosal, foi o Atlas Linguistique de la France, feito coa colaboración de Edmond Edmont, entre 1902 e 1912, que marcou o punto de partida da confección dos atlas lingüísticos posteriores.
Traxectoria Jules Gilliéron era fillo de Jean Victor, profesor de francés en Basilea, e de Marie Jeanne Ritter. Estudou na academia de Neuchâtel (onde obtivo a súa "graduación" en 1875). Logo proseguiu estudos na Universidade de Basilea e, entre 1876 e 1880, na Ecole pratique des hautes études (EPHE) e máis na Ecole des chartes (Escola de mapas), ambas as dúas en París. A partir de 1883, e até a súa morte, este lingüista ensinou Dialectoloxía na EPHE. Jules Gilliéron sucedeu a Arsène Darmesteter nesta escola. A partir de entón, a Dialectoloxía vaise xestando como ciencia seria. Dedicouse toda a súa vida á investigación dialectoloxía galorománica, o que fructificaría en diversos estudos a respecto da distribución xeográfica das variedades dialectais. En 1887, cofundou co abade Jean-Pierre Rousselot a Revue des patois gallo-romans, que se publicou até 1893. O punto álxido da súa produción foi a publicación do 'Atlas linguistique de la France. Esta obra monumental realizouse entre 1897 e 1907 e publicouse despois entre 1902 e 1910, mercé ó labor efectuado en cada localidade polo seu colaborador Edmond Edmont.
Obras Le patois de la commune de Vionnaz (1880) Petit atlas du Valais roman (1882) Généalogie des mots qui désignent l'abeille (1918) Pathologie et thérapeutique verbales (1921)
Véxase tamén Ligazóns externas A biography.com
Categoría:Lingüistas de Suíza Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1926