Manuel Gallego Jorreto, nado no Carballiño en 1936, é un arquitecto galego.

Traxectoria Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1963, onde tamén se doutorou en 1968. Comezou a traballar no estudio de Alejandro de la Sota, logo de completar a súa formación en Noruega onde traballou con Erling Viksjø.

Foi membro fundador do Museo do Pobo Galego en 1976. Dende 1980 tamén é membro do Seminario de Estudos Galegos e, dende 1996, da Fundación Luis Seoane.

Na súa traxectoria traballou moito sobre vivenda privada, en concreto, sobre vivendas protexidas promovidas por administracións públicas (Santa Cruz, Vite ou Eirís). Porén, os seus traballos máis recoñecidos están relacionados con obra pública.

Foi profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña, na área de Urbanismo, durante máis de vinte anos.

Obras miniatura|Museo de Arte Sacra da Colexiata 1969-70. Vivenda unifamiliar en Corrubedo (A Coruña). 1977-79. Vivenda unifamiliar en Oleiros (A Coruña). 1979-80. Mercado de Santa Lucía na Coruña. 1979-82. Vivenda e estudio para un pintor na Illa de Arousa (Pontevedra). 1981-93. Casa da Cultura de Valdoviño. 1982-85. Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo na Coruña.Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María en Proxecto ARGA (Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia). 1984-89. Vivendas unifamiliares en Paderne, San Pantaión das Viñas (A Coruña). 1987-90. Rehabilitación da Casona dos Lemos de Chantada (Lugo) para Casa da CulturaCasa da Cultura de Chantada en Proxecto ARGA (Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia).Casa da Cultura en concellodechantada.org. 1988-95. Museo de Belas Artes da CoruñaMuseo de Belas Artes de A Coruña en Proxecto ARGA (Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia).O edificio. Arquitectura. museobelasartescoruna.xunta.gal. 1990. Rehabilitación do antigo cárcere municipal para biblioteca en CarballoBilbioteca muncipal de Carballo www.carballo.org. (A Coruña). 1991. Acondicionamento da Casa do Boteiro para espazo de recepción e biblioteca do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón en Proxecto ARGA (Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia) situado no castelo de Santo Antón. 1992-97. Edificios para Institutos de Investigación no Campus Sur, para a Universidade de Santiago de Compostela. 1993-95. Restauración arquitectónica do Templo de Santalla de BóvedaMONTENEGRO RÚA, Enrique Jorge: "El descubrimiento y las actuaciones arqueológicas en Santa Eulalia de Bóveda (Lugo) ", Concello de Lugo, 2005, 128 páx. . (Lugo). En colaboración co arquitecto César Portela. 1994-95. Rehabilitación do Teatro Rosalía de Castro da Coruña. 1994-96. Centro de Saúde de Viveiro (Lugo). 1999-2002. Facultade da área das Ciencias Sociais no Campus universitario de Elviña, A Coruña. 1994-96. Casa do Concello da Illa de Arousa (Pontevedra). 2002. Residencia oficial de Monte Pío (Santiago de Compostela). Residencia oficial do presidente da Xunta de Galicia. 2005-2008. Edificio Central da Xunta de Galicia en Pontevedra (Pontevedra). No barrio de Campolongo acolle o complexo administrativo da Xunta en Pontevedra. 2007-2008. Museo da Conserva na Illa de Arousa (Pontevedra), rehabilitando a antiga fábrica de Goday (s. XVIII-XIX). 2007-2008. Auditorio Multiúsos/ Centro Sociocultural na Illa de Arousa (Pontevedra).

Premios 1983. Premio Galicia de Arquitectura. Ourense. 1991. Premio no I Premio de Arquitectura Julio Galán Carvajal dos Colexios de Arquitectos de León, Asturias e Galicia na categoría Rehabilitación pola obra Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo na CoruñaI Premio Julio Galán Carvajal www.coag.es.. 1995. Premio Dragados y Construcciones de Arquitectura Española polo Museo de Belas Artes da Coruña. 1996. Premio no VII Premio COAG de Arquitectura na categoría Edificio de nova planta pola obra Museo de Belas Artes da CoruñaVII Premio COAG de Arquitectura www.coag.es.. 1996. Medalla CastelaoDecreto 232/1996, de 6 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao no ano 1996. www.xunta.gal.. Xunta de Galicia. 1997. Premio Nacional de Arquitectura pola obra Museo de Belas Artes da Coruña (España). 2006. Finalista Bienal Iberoamericana coa obra Complexo presidencial da Xunta de Galicia. 2008. Premio Nacional de Arquitectura e espazos públicos. 2010. Premio Celanova Casa dos Poetas.Gallego Jorreto, o dignificador cultural , artigo de Mario Álvarez en elcorreogallego.es. 2010. Medalla de Ouro da Arquitectura que concede o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España. 2018, Premio Nacional de Arquitectura, polo conxunto da súa obra.

Actividade docente 1964-66. Profesor de Fomento de las Artes y la Estética, Madrid. 1976. Profesor do primeiro Seminario Internacional de Arquitectura en Santiago de Compostela, sendo director do mesmo o arquitecto italiano Aldo Rossi e organizado polo COAG. 1976-2007 Profesor de Urbanística da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Publicacións

Artigos en publicacións periódicas El croquis, 1984, Madrid, nº13, pp. 37–43. Obradoiro, COAG, 1981, Santiago de Compostela, nº7, pp. 11 e 20-21. Obradoiro, COAG, 1984, Santiago de Compostela, nº10, pp. 10–16 e 17-18. Obradoiro, COAG, 1985, Santiago de Compostela, nº12, pp. 7–14 e 15-16. Obradoiro, COAG, 1987, Santiago de Compostela, nº13, pp. 2–13. Tectónica, 1996, Madrid, nº1, pp. 50–69.

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía Manuel Gallego, Tanais Ediciones, s.a., 1998. Facultad del área de las Ciencias Sociales de la Universidad de A Coruña, edita ACS, 2003.

Outros artigos Premio COAG de Arquitectura

Ligazóns externas Conferencia de Manuel Gallego Jorreto, YouTube, 2007 Documental I Seminario de Arquitectura en Compostela. Autor Llorenç Soler, 1976 Manuel Gallego na páxina do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Premios Nacionais da Cultura Galega Categoría:Premio Nacional de Arquitectura de España Categoría:Medallas Castelao Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Premio COAG de Arquitectura