Paulino Vázquez Vázquez, nado en Vilanova dos Infantes (Celanova) o 27 de febreiro de 1962, é un filólogo, profesor e poeta galego.
Traxectoria Desde o 1972 residiu en Vigo e en 1983 trasladouse a Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Galego-Portuguesa. Desde 1985 exerce a docencia no ensino medio, residindo definitivamente en Santiago desde 1987. Ten colaborado con artigos literarios en El Correo Gallego e as revistas Dorna e Grial. E foi profesor de lingua galega e literatura do IES Xelmirez II, xubilándose no 2023.
Considerado un poeta dos oitenta, destaca polo coidadoso cultivo da intertextualidade.
Obra Poesía Perdendo o tempo que fuxe como Xoán Sebastián Bach (1983, edición de autor). Seixo de desfacer entre os dedos (1985, Sotelo Blanco). Aquí podían ser os pés de arxila (1992, Sotelo Blanco). Un áspero tempo de caliza (1994, Deputación da Coruña). A experiencia inglesa (1998, edición de autor). Arcaico o tempo que respira (Galaxia, 2008).
Obras colectivas Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco). Edición de Xosé Lois García. Desde a palabra, doce voces (1986, Sotelo Blanco). Edición de Luciano Rodríguez Gómez. Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro. Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Edicións Gramática do silencio. Obra poética, de Eusebio Lorenzo Baleirón (1996, Espiral Maior). Con Manuel Lorenzo Baleirón.
Premios Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago no 1982, por Perdendo o tempo que fuxe como Xoán Sebastián Bach. Premio de poesía Miguel González Garcés no 1994, por Un áspero tempo de caliza.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Celanova Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria