María Teresa Barge Bello, nada en 1961, é unha política galega. É alcaldesa da Bola dende 2003, pero con tres partidos distintos, entre o 2003 e 2007 con Iniciativa por A Bola, entre o 2007 e 2014 co BNG e dende o 2015 co PPdeG.
Traxectoria Secretaria municipal, conseguiu a praza no concello da Bola, onde era alcalde seu pai, Luis Barge. Este, que primeiro fora da UCD, logo de Centristas de Galicia e despois do PPdeG, faleceu en novembro de 2001. Teresa Barge tentou seguir o camiño de seu pai, pero o candidato escollido polo PP foi Antonio Fernández.
Nas eleccións municipais de 2003 presentouse co partido Iniciativa por A Bola, obtivo 4 escanos e foi elixida alcaldesa grazas ao apoio do BNG. Nas municipais de 2007 presentouse polo BNG e acadou a maioría absoluta con 7 escanos. Nas municipais de 2011 volveu gañar cos mesmos resultados.
Nas eleccións municipais de 2015 preséntase de novo, pero volvendo a trocar de partido, do Bloque Nacionalista Galego ó Partido Popular, e consegue unha nova vitoria, desta volta con seis concelleiros. Nas eleccións municipais de 2019 consegue unha cuarta maioría absoluta, con 7 escanos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Bola
Categoría:Alcaldes da Bola Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes