Martiño Noriega Sánchez, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1975, é un médico e político galego.
Traxectoria Criado no ensanche compostelán, desde os 6 anos viviu no concello de Teo. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou a especialidade en Medicina de Familia na área de Santiago de Compostela. Traballou en Atención Primaria da Comarca de Compostela e tamén como médico coordinador na Fundación de Urxencias Sanitarias do 061. DEA en Saúde Pública pola USC. En marzo do 2020 no comezo da pandemia da COVID, reincorporouse á Atención Primaria como médico de familia na área sanitaria de Santiago-Barbanza.
Carreira política miniatura|Martiño Noriega manifesta a súa aposta por gañar en Santiago antes das eleccións municipais de 2015. Despois de militar na asociación de estudantes universitarios CAF e de ser representante dos estudantes no claustro da Universidade de Santiago, dende 1995 comezou o traballo político no BNG de Teo e en 1999 converteuse en voceiro desta formación no concello. En 2006 entrou no Consello Nacional do BNG, e logo das eleccións municipais de 2007 converteuse en alcalde de Teo, cun goberno en minoría. En 2011 volveu ser elixido alcalde ao acadar a maioría absoluta.
Como membro e vicevoceiro do colectivo Encontro Irmandiño abandonou o BNG en febreiro de 2012, pasando en xullo dese mesmo ano a formar parte do movemento político ANOVA-Irmandade Nacionalista, desenvolvendo nunha primeira etapa o seu traballo político como responsable de Acción Institucional. En xullo do 2013, despois da celebración da I Asemblea Nacional desta organización política, foi elixido Coordinador Nacional. En novembro do 2014, despois da celebración da II Asemblea Nacional de Anova, Martiño Noriega foi elixido Portavoz de Anova xunto a Xosé Manuel Beiras.
En maio de 2015 encabezou unha candidatura de unidade popular en Santiago, Compostela Aberta, que resultou a lista máis votada nas municipais do 24 de maio. O 13 de xuño deste ano foi investido alcalde de Santiago de Compostela, sucedendo ao popular Agustín Hernández.
En setembro de 2018 anunciou a súa intención de volver a concorrer como candidato á alcaldía para as eleccións municipais en maio de 2019, coa idea de repetir co mesmo equipo de goberno para tratar de dar continuidade ó capital político e á experiencia acumulada.
Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a alcaldía en favor de Xosé Antonio Sánchez Bugallo, candidato do PSdeGBugallo, proclamado alcalde de Santiago, tras pasar a ser a terceira forza política. Concorreu na candidatura de Galicia en Común nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, a cal non logrou representación ningunha. Tralos comicios, en xullo de 2020, renunciou á súa acta de concelleiro na capital. miniatura|300px|Benito Portela, Marta Lois, Antón Sánchez García, María García Gómez, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega en 2022. En setembro de 2022 volveu ser portavoz nacional de Anova, cargo que compatibiliza co seu traballo como médico de familia.
Publicou artigos de opinión en diferentes xornais como Público, A Nosa Terra, elDiario.es, La Voz de Galicia, Sin Permiso ou El Correo Gallego. Dende setembro de 2021 a 2023 mantivo unha colaboración semanal no xornal Nós Diario.
Vida persoal
É parella de Antía Otero, con quen ten unha filla e un fillo.
Obra publicada Por un común denominador. A esquerda da nación. 2.0 editora (2011). Os médicos tamén enferman (2025). Santiago: Alvarellos. 130 páxs. ISBN 978-84-18567-76-6.
Obras colectivas Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, Galaxia (2011) Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, Edita. Academia Real Isaac Díaz Pardo. (2013) Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política. Corsárias Editora. (2014) A contradición permanente. Conversas sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017). Libro de conversas co poeta é xornalista Daniel Salgado. Edicións Xerais (2017)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), con Daniel Salgado, 2017.
Outros artigos Compostela Aberta Eleccións municipais en Teo Eleccións municipais en Santiago de Compostela Alcaldes de Santiago de Compostela
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Alcaldes de Teo Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Encontro Irmandiño Categoría:Políticos de Anova-Irmandade Nacionalista Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela