María Victoria Piñeiro, nada en Cangas de Morrazo en 1984, é unha remeira galega.
Traxectoria Victoria Piñeiro iniciouse na práctica deportiva no piragüismo, no club CM Ría de Aldán e despois no CM Breogán do Grove."En otros países este problema está superado", La Opinión de A Coruña, 28/5/08. Posteriormente pasouse ao remo competindo tanto en banco fixo como en banco móbil no CR Mecos. Como remeira fichou polo SD Astillero, un club cántabro desta especialidade, onde competiu en diversas probas tanto no equipo feminino como no masculino, neste caso no posto de temoeira. Precisamente o feito de competir como temoeira nun equipo masculino foi o que lle deu transcendencia, posto que a súa participación foi prohibida"Una canguesa se queda fuera del Campeonato de España por ser mujer" , Faro de Vigo, 29.5.08 pola Federación Española de Remo en competicións oficiais.
Palmarés Campioa de Cantabria en batel e en traiñeira absolutas femininas (2008). Subcampioa de España en batel absoluto feminino (2008).
Notas
Categoría:Remeiros de Galicia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes