A Igrexa é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 45 habitantes (26 homes e 19 mulleres), un menos ca en 2006.
Toponimia O topónimo A Igrexa (do latín , o lugar da igrexa) débese á presenza no lugar da igrexa de San Miguel de Carballedo.
Patrimonio Ademais da igrexa parroquial, neste lugar está o cruceiro do Igrexario (feito en 1860 por Manuel González de Covelo) e o peto de ánimas de Carballedo.
Aquí sitúanse o petróglifo da Pena Redonda dos Mouros e o castro da Cruz do Castro. A carón do poboado castrexo, fundado cara ao século II a. C., sitúase a vila romana de Silvela, creada logo da romanización de Galicia. Nela atopáronse no verán de 2009 unha moeda e un anel"Achan por primeira vez en Galicia un pendente romano de ouro", artigo de Jorge Lamas Bértolo en La Voz de Galicia, 26 de marzo de 2010 (consultado o 29 de marzo de 2010)"O primeiro brinco de ouro da Gallaecia" , artigo en A Nosa Terra, 4 de abril de 2010..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Carballedo
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Notas
Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía