Pazos é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 28 habitantes (14 homes e 14 mulleres), os mesmos ca en 2006.

Neste lugar está o petróglifo do Val da Pereira, unha rocha gravada na idade de Ferro con tres cazoletas. O topónimo fai referencia á existencia de varios pazos ou casas grandes existentes na zona, ó igual que no lugar próximo de Pazos na parroquia de Borela.

Lugares e parroquias Lugares de Carballedo

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade