A Chan é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 59 habitantes (25 homes e 34 mulleres), 5 máis ca en 2005.

Debe o seu topónimo a que está localizado nun territorio plano, á beira do río Almofrei. É a capital do concello, como tamén o foi do extinto concello de Cotobade ata 2016, e nel sitúanse a casa consistorial e diversos edificios de servizos.

Neste lugar atópase a capela de San Roque, cun cruceiro adxacente. Hai outros dous cruceiros, un deles feito en 1988 por Alfonso González Arís.

Lugares e parroquias Lugares de Carballedo

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade