Ángela María Fernández González, coñecida co nome artístico de Angy, nada o 5 de setembro de 1990 en Palma, é unha cantante e actriz española. Saltou á fama grazas a ser finalista do programa de televisión Factor X de Cuatro.

Traxectoria En febreiro de 2007 presentouse ao cásting do programa musical Factor X da canle española Cuatro, conseguindo chegar á parte final do programa dentro da categoría de entre 16 e 24 anos.

Publicou o seu primeiro álbum o 12 de febreiro de 2008 coa discográfica Sony BMG, co título de Angy. O disco, de doce cancóns, tivo o tema "Sola en silencio" como primeiro sinxelo. No álbum mestura de inéditos e versións interpretados en castelán e inglés, cun estilo pop-rock moi tradicional. É un reflexo da grande versatilidade e posibilidades de Angy, que xa o demostrou en Factor X, acadando o segundo lugar.

Dende finais do ano 2007 comezou tamén a súa faceta como actriz na serie Física o química, que se emitiu en Antena 3. En 2011 participou no novo talent show de Antena 3 Tu cara me suena, resultando a gañadora desa primeira edición.

Durante o ano 2012 Angy foi colaboradora do programa Avanti ¡que pase el siguiente! de Antena 3 presentado por Carlos Sobera onde realizaba probas musicais.

Actuacións en Factor X Programa Canción 1 "Serenade" de Dover 2 "Torn" de Natalie Imbruglia 3 "Duele el amor" de Aleks Syntek e Ana Torroja 4 "The Look" de Roxette 5 "We Will Rock You" de The Queen 6 "Fallin'" de Alicia Keys

Categoría:Cantantes das Illas Baleares Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Palma