Pedrouzo é un lugar da parroquia de Graba, no concello pontevedrés de Silleda. Segundo o IGE do 2010 tiña 57 habitantes (30 homes e 27 mulleres) o que supón un aumento no número de habitantes con respecto a 2009.
O núcleo abarca dous barrios chamados Bouzaricas e A Peniza que están compostos cada un deles por unha casa, ambos núcleos están separados por apenas 1 km cada un do núcleo principal.
Era coñecido antigamente polo topónimo de "O Cachabello". Este nome radicaba na natureza do trazado do núcleo, onde as casas figuraban moi pegadas sen un espazo amplo entre as diferentes rúas do casco.
Demografía
É o núcleo máis poboado da parroquia.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Graba
Parroquias de Silleda
Categoría:Lugares de Silleda