Santa Mariña é un lugar da parroquia de Graba, no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. Segundo o IGE no 2016 tiña 37 habitantes (18 homes e 19 mulleres), dous menos ca en 2010.

Toponimia O topónimo Santa Mariña é un haxiotopónimo referido a Mariña de Augas Santas, e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación.

Patrimonio

A comezos do século XX atopouse no lugar unha ara na honra dos Lares Viales, protectores dos camiños. Consérvase no Museo de Pontevedra. Demografía

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Graba

Parroquias de Silleda

Categoría:Lugares de Silleda