A batalla de Waterloo foi o 18 de xuño de 1815, nunha chaira próxima a Waterloo na rexión de Brabant (actual Bélxica). Enfrontou os exércitos franceses de Napoleón Bonaparte e unha coalición angloprusiana ás ordes do xeneral Wellington. Napoleón que derrotara as tropas prusianas dirixidas polo mariscal Blücher na batalla de Ligny, intentou de forzar as liñas británicas antes de que puidesen recibir as axudas de novas tropas prusianas e saxoas. A pesar dos esforzos de Ney, os británicos conseguiron resistir os ataques franceses ata a chegada das tropas prusianas e saxoas de Blücher, que provocaron a retirada dos exércitos franceses. A derrota de Waterloo significou a destrución do poder militar francés, a fin do Imperio dos Cen Días e a caída definitiva de Napoleón.
Véxase tamén
Outros artigos Medalla da Batalla de Waterloo
Categoría:Batalla de Waterloo Categoría:Batallas do século XIX Categoría:1815 Categoría:Historia contemporánea de Francia Categoría:Historia de Francia do século XIX