Francisco Xavier Lama López, nado en Santa Euxea (Guntín) o 12 de xullo de 1962, é un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Licenciado en Ciencias da Información en Universidade Complutense de Madrid e foi un rostros coñecidos dos informativos da Televisión de Galicia. O seu labor xornalístico ten sido recoñecido con diversos galardóns, entre os que figura o Mirador de la Complutense, Air France para novos periodistas, o Premio Galicia de Comunicación en 1989 e a Pluma de Ouro do I Premio Borobó en 2009.

Como escritor iniciouse con textos dramáticos e poéticos, pero tamén escribe narrativa. Recibiu varios premios literarios, como o Rafael Dieste (1995) e o Camiño de Santiago-Premio Xacobeo de teatro (1993), ou o Álvaro Cunqueiro de narrativa (1995). No ano 2008 gañou o premio González Garcés de poesía tras impugnar a primeira decisión do xurado, que recaera nunha obra de Eduardo Estévez que xa fora publicada, parcialmente, nun seu blog "Retíranlle o 'González Arces' a Eduardo Estévez", artigo en Vieiros, 23 de setembro de 2008..

Obras Teatro O peregrino errante que cansou ó demo (1995, Xunta de Galicia). O serodio remordemento do amor (1996, Deputación da Coruña). Ela, piedade dos suicidas (2015, Baía/Xunta de Galicia).

Poesía O fotógrafo Helmut Newton ten unha visión da eternidade (2003, publicado en Internet). Tigres como Fausto con ollos de bruma (2006, Sociedade Cultural Valle-Inclán). Melancolía líquida da idade das vacas (2008, Sociedade Cultural Valle-Inclán). Cabalos do alén na cidade das fábulas (2009, Deputación da Coruña).

Narrativa Os moradores da nada (1995, Galaxia).

Literatura infanto-xuvenil Os reloxos preguiceiros de Néboa (2011, Xerais).

Obras colectivas Memoria de Antígona, con Quico Cadaval (1998, Xunta de Galicia). Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais). Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG). Escrita Contemporánea, homenaxe a Ánxel Casal (2005, AELG). A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium). A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos). Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión (2013, Bubela). Novas de poesía. 17 poetas (2013, Fundación Uxío Novoneyra). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Premios Premio Camiño de Santiago de teatro en 1993, por O peregrino errante que cansou ó demo. Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa en 1995, por Os moradores da nada. Premio Rafael Dieste en 1995, por O serodio remordemento do amor. Accésit do Premio Esquío no 2006, por Tigres como Fausto con ollos de bruma. Premio Esquío de poesía no 2008, por Melancolía líquida da idade das vacas. Premio de poesía Miguel González Garcés no 2008, por Cabalos do alén na cidade das fábulas. V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2010, por Os reloxos preguiceiros de Néboa. XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques para adultos no 2014, por Ela, piedade dos suicidas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos María Xesús Lama López Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Xornalistas de Guntín Categoría:Nados en Guntín Categoría:Nados en 1962 Categoría:Premio Esquío Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid