Ricla é un concello español da provincia de Zaragoza, na comunidade autónoma de Aragón, situado na comarca de Valdejalón. A súa poboación era de 2.721 habitantes no ano 2006 e unha densidade de 30 hab/km².
Xeografía O municipio está localizado na conca do río Jalón, na depresión do Ebro. Hai nel extensos afloramentos dos períodos xurásico e cretáceo, que orixinan recheos en costa, e aparecendo fósiles de abondo nas capas. Ocupa unha superficie de 90,7 km²
Historia Ricla foi reconquistada en 1120 por Afonso I de Aragón. Estivo poboada por mouros moito tempo polo tanto. Cabaleiros e nobres, como Ato Orella e Lope López, floreceron na tenencia de Ricla. Desde finais do século XII houbo aquí unha encomenda templaria, que ostentaba os títulos de Ricla e Calatayud, até que en 1289 a encomienda foi trasladada para a última cidade.
Nome O nome é de orixe xermana. Segundo Corominas remonta ao antropónimo godo Rikila. Na Idade Media o topónimo aparece documentado tamén como Arricla, con a- protético.
Festas San Blas, 3 de febreiro. San Teopompo e San Sinesio, 21 de maio. A Virxe do Carmo, 16 de xullo. Santa María Magdalena, 22 de xullo.
Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza