Carlos Solla Varela, tamén coñecido como Calros Solla, nado en Pontevedra o 2 de abril de 1971, é un filólogo, escritor e etnógrafo galego.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e é profesor de Historia e Lingua Galega en Vigo.

Foi membro da Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido da Terra de Montes e do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca. É membro fundador do Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) e do colectivo Capitán Gosende. Membro da sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. Patrón numerario do Museo do Pobo Galego. Parte da súa obra poética está publicada en revistas como Verbo Xido, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna ou Arraianos. Participou no X e no XXIV Festival da Poesía no Condado, en 1990 e 2010. En 2010 gañou o Premio de poesía Johán Carballeira co poemario Lume de ollos en MazinGZ. En 2011 gañou o Premio de poesía Victoriano Taibo con Holocausto zacoe.

Dende a década dos noventa, orienta a súa actividade cultural na descuberta e valorización do patrimonio material e inmaterial do Concello de Cerdedo (colección de ensaios Cerdedo in the Voyager) e, en concreto, no estudo e promoción do monte do Seixo (Proxecto Montaña Máxica). En 2009, escribiu e codirixiu o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica, baseado nas súas investigacións sobre a etnografía e a mitoloxía deste territorio. Como investigador de campo, descubriu un cento de gravados rupestres na comarca pontevedresa de Terra de Montes. En 2002 deu a coñecer a hoxe célebre Portalén (rocha que a tradición identifica como a entrada ao Máis Alá), situada no monte do Seixo (Pontevedra). É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmiento (Cerdedo), de 2002, Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), de 2006, Roteiro da Pantalla de 2011, e Roteiro polo Pedre milenario de 2013. En 2012-13, comisariou a exposición "De rezos a conxuros" (colección particular de amuletos, talismáns e outros obxectos de poder da cultura tradicional) no Museo Etnográfico Liste, que foi visitada por preto de dez mil persoas. En 2016, promoveu a creación do "Campo das Laudas" (Meilide-Cerdedo), monumento en memoria das vítimas da represión franquista en Cerdedo.

É colaborador habitual do xornal Faro de Vigo e das webs Tabeirós-Montes, Historia de Galicia e Galicia Encantada. Mantén en Internet os blogs O Embigo do Becho e Cerdedo in the Voyager.

Obra Poesía Xábregho (1999). Río Xuvia. Mel de arañas (2000). Ediciones Cardeñoso. Terras raras (2001). Madrid: Arte Tripharia. Ras e tritongos (2003). Edicións Cardeñoso, antoloxía poética que inclúe as tres obras anteriores. Cerdedo in the Voyager I (2004). Edicións Cardeñoso. Poesía visual. 2ª edición en Morgante, no 2010. Libro de reclamacións (2005). Poesía visual. Pan prós crocodilos (2010). Barbantesa. MazinGZ (2011). Espiral Maior. Holocausto zacoe (2011). Nova Galicia Edicións. No coi da lúa. Poesía reunida (1990-2020) (2024). Morgante. herba de vigo (2025). Morgante.

Ensaio, crónica e divulgación Cerdedo. Materiais para o estudo da freguesía de San Xoán de Cerdedo. Inventario xeral (2002). Edicións Cardeñoso. Cerdedo na obra do Padre Sarmiento (2002). Verbo Xido. 2ª edición en Morgante, 2009. Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo (2005). Edicións Cardeñoso. 2ª edición en Morgante, 2010. Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica (2007). Edicións Cardeñoso. 2ª edición en Morgante, 2011. Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas (2008). Serpe Bichoca. 2ª edición en Morgante, 2021. 320 páxs. ISBN 978-84-15166-94-8 Obra editada en castelán en 2024. 3ª edición en Morgante, 2025. Andar primeiro de río. Inmateriais do río dos Gafos (2009). Concello de Pontevedra. Carta arqueolóxica do Concello de Cerdedo (2009). Morgante. O ano que chimpamos o cacique. Crónica do agrarismo en Cerdedo (1916-1923) (2011). Morgante. O vervo xido. A fala secreta dos canteiros de Cerdedo (2011). Morgante. 2ª edición. O código da vincha. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo (2012) Morgante. O crime de Pardesoa (2013). Morgante. 3ª edición. Obra editada en castelán en 2024. As pedras da tribo. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo II (2014). Morgante. O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos (1745-1970) (2014). Vaipolorío-Morgante. 3ª edición. De rezos a conxuros. Amuletos, talismáns e pedras da fartura. Obxectos de poder da Galiza tradicional (2014). Museo Etnográfico Liste. A conxura dos Gosende. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III (2015). Morgante. Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo (2016). Morgante. Ao saimento de nós. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo IV (2017). Morgante. O legado dos homes pequenos. Gravados rupestres de Cerdedo (2017). Morgante. 2ª edición. Obra editada en castelán en 2024. A vaga dos pratiños voantes. O fenómeno ovni na prensa galega (1947-1950) (2020). Morgante. Obra editada en castelán en 2024. O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V (2021). Morgante. Crónica da Galiza bizarra (2021). Morgante. 304 páxs. ISBN 978-84-19040-01-5. Obra editada en castelán en 2024. O pote do ouro. Novas de tesouros na Galiza (2022). Morgante. 296 páxs. ISBN 978-84-19040-04-6. Obra editada en castelán en 2024. O Campo das Laudas. Alcouve da Memoria en Cerdedo (2022). Morgante. 480 páxs. Auga mol en pedra dura. Inmobiliario etnográfico do río dos Gafos (2023). Vaipolorío-Morgante. 623 páxs. É ruín porque o fan. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo VI (2024). Morgante. 386 páxs. Saberes de María da Vrea (2025). Morgante. 324 páxs. ISBN 978-84-19040-49-7. Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes (2026). Morgante. 1.032 páxs. Ilustracións de Heitor Picallo. ISBN 978-8419040626.

Narrativa O demo asubiador. A maxia rebuldeira do Aninovo (2014). Vaipolorío-Concello de Pontevedra. A gran mortaldade (2019). Morgante. Obra editada en castelán en 2024. Os espellos do pasado. A lenda dourada do Gafos (2019). Vaipolorío-Morgante. Soidades do alfabeto. Criptoetnografía (2024). Morgante.

Retrónicas, aforismos reGaliza e outras chuches (2008). Edicións Cardeñoso. 2ª edición en Edicións Barbantesa, 2013. Contén o Libro de reclamacións (2005). O orgullo do gurgullo (2012). Morgante.

Edicións Cantares de Manuela de Barro. Achegas ao cantigueiro de Cerdedo (2008). 2ª edición en Morgante, 2009. 3ª edición revisada e ampliada no 2012, na mesma editora. Obra reunida, de Santiago Gómez Tato (2021). Morgante. O mestre de Quiroza, de Xosé Varela Buela (2021). Morgante. Saberes de María da Vrea. Tradición oral da freguesía de Folgoso (Cerdedo) (2025). Morgante. Voces que leva o río. Vocabulario fráxil da ribeira do Gafos, de Pablo Carro Sobral (2026). Morgante.

Documentais Monte do Seixo. A Montaña Máxica (guión e codirección) (2009). Serpe Bichoca. Obras colectivas X Festival de Poesía no Condado, 1990, S. C. D. Condado. Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa, 2000, VTP Editorial. Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia, 2005, Eneida. Poesía contemporánea: Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza. Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais. Pontevedra literaria, 2007, Concello de Pontevedra. Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior. Polos camiños de Cangas. 25 anos do certame de poesía María Soliño, 2010, Morgante. XXIV Festival da Poesía no Condado, 2010, S. C. D. Condado. Dairas, 2011, IES M. García Barros (A Estrada). Poema río dos Gafos, 2012, Vaipolorío-Concello de Pontevedra. Pedigree, 2013, IES M. García Barros (A Estrada). O demo asubiador, 2014, Vaipolorío-Concello de Pontevedra. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia. Amuletos e reliquias. Usos e crenzas. Actas da VII Xornada de Literatura de Tradición Oral, 2015, AELG. O val de Quireza (Baliñas, Amable coord.), 2015, Deputación de Pontevedra. De Compostela ao Pico Sacro. Alba de Gloria 2011-2021, O Galo-Vagalumes, 2022, Compostela. Alguén que respira! Ecopoesía contra o cambio climático, VI Festival de Poesía para Corpo Principal, 2023, Concello de Compostela.

Premios 2010: Premio de poesía Johán Carballeira, por Lume de ollos en MazinGZ. 2011: Premio Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns, por Holocausto zacoe. 2011: Diploma de Honra da asociación Amigos da Cultura Celta (Narón). 2015: Premio Cidade de Pontevedra. 2017: Premio Cogave. 2018: Diploma de recoñecemento da Asociación Pola Defensa da Ría da Pontevedra (APDR). 2023: Premio Galiza Mártir (Fundación Alexandre Bóveda). 2026: Premio Lexión Irmandiña (Compostela Histórica).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas O Embigo do Becho, blog do autor.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela