300px|miniatura|dereita|No Parque da Memoria de Sartaguda tense erixido varias obras en homenaxe ás vítimas da guerra civil en Navarra. Na imaxe, a de Néstor Basterretxea. As vítimas da guerra civil en Navarra producíronse na súa maioría debido á represión directa exercida polos sublevados contra a Segunda República española, nun territorio que foi rapidamente controlado polo autonomeado bando nacional, sen producirse fronte de guerra no mesmo.(Vázquez de Prada: 613)

Historia A conspiración que deu orixe á guerra civil española tivo en Navarra un dos seus piares. Fomentada principalmente na rexión polos carlistas e os partidos monárquicos "afonsinos", configurouse decisivamente coa chegada a comezos de 1936 do novo gobernador militar, o xeneral Emilio Mola, quen convertería a Navarra nunha peza chave da sublevación militar que tería lugar o 18 de xullo de 1936.(Navarra 1936. De la esperanza al terror. Oitava edición: 50-51)

A diferenza do sucedido noutros puntos de España, nos que os sublevados tiveron que facer fronte á resistencia das autoridades republicanas ou das forzas esquerdistas, o levantamento en Navarra foi un éxito rotundo, non atopando case resistencia.(Navarra 1936. De la esperanza al terror: 485) Porén, esta falta de oposición non impediu que se desencadeara unha dura represión contra os partidarios e simpatizantes das esquerdas que sería finalmente a causante da maior parte das mortes. A violencia afectou principalmente aos militantes da Federación de Traballadores da Terra da Unión Xeral de Traballadores que, con gran predominio na rexión da Ribeira de Navarra, representaban maioritariamente aos campesiños sen terra. A meirande parte de ditas mortes produciuse nos primeiros meses da guerra, un período de "terror quente" caracterizado polas execucións extraxudiciais, paseos e sacas de presos dos lugares de reclusión.Diario de Noticias. Reportaxe de J. Iribarren na edición impresa do domingo 2 de decembro de 2007. Páx. 14.(Casanova: 56) Un elemento adicional que contribuíu a incrementar o seu número foi a presenza, na proximidade de Pamplona, do Forte San Cristovo, lugar de reclusión de varios centos de presos do bando republicano durante toda a guerra. As condicións estremas de cativerio e a célebre fuga que tivo lugar en maio de 1938, saldada con decenas de mortes e a captura da práctica totalidade dos fuxidos, contribuíron tamén a engrosar o número de finados."Navarra 1936. De la esperanza al terror" 99-104 Á represión hai que engadir as mortes producidas como consecuencia dos ataques aéreos republicanos.(Vazquez de Prada: 623)

A violencia política desencadeada en Navarra logo do triunfo da sublevación afunde as súas raíces na situación política e social de Navarra, evidenciada durante a República. Nesta época Navarra caracterizábase polo carácter católico e conservador da súa sociedadeSegundo datos da Guía Diocesana de Pamplona de 1937, en Navarra había un crego por cada 335 habitantes. Na arquidiocese de Madrid había 1 por cada 3.347 e na de Cádiz 1 por cada 3.169. Citado por Ángel Pascual Bonis. Navarra ante las elecciones del Frente Popular. Langaiak nº 5 IPES. Pamplona 1984. Á súa vez citado en (Navarra 1936. De la esperanza al terror: 28) e polo seu atraso económico, que levaba a unha das taxas de emigración máis altas de España.Artigo de José María Jimeno Jurío de 1986 titulado Hacer la Paz, introdución na obra de (Navarra 1936. De la esperanza al terror: 23) O problema social de máis relevancia era o agrario, protagonizado polos campesiños sen terra, que trataron durante todo o período republicano de acceder ás tradicionais terras comunais ou "corralizas", fundamentalmente no sur da provincia, daquela en mans dos grandes terratenentes. As tensións políticas, manifestadas en ocasións de xeito violento, confrontaron o poder político, ostentado durante todo o período polos partidos de dereitas, coa pobreza estrema dos campesiños.Virto Ibáñez, Juan Jesús; Arbeloa Muru, Víctor Manuel (1984). La cuestión agraria navarra (1900-1936) (I), Revista Príncipe de Viana en Dialnet, ISSN 0032-8472, Ano nº 45, Nº 171, páxs. 117-130 Porén, outros asuntos políticos de gran relevancia durante o período republicano, como o estatuto de autonomía vasco-navarro, non tiveron un reflexo importante na represión que tivo lugar durante o período bélico, por mor de que o sentimento de pertenza vasca era común e foron as diferenzas ideolóxicas as que evitaron o estatuto conxunto, fundamentalmente a confesionalidade católica do mesmo.(Navarra 1936. De la esperanza al terror: 32)

Hoxe sábese que se saldou con máis de 3.000 mortos. Ao remate da guerra, o réxime franquista impuxo o silencio sobre estes feitos que adquiriron na opinión pública a consideración de tabú mentres os escasos estudos realizados tenderon a minimizar a súa dimensión. Trala reinstauración da democracia, diversas investigacións teñen conseguido reconstruír con detalle o fenómeno represivo grazas ao impulso das asociacións de familiares das vítimas. Este proceso culminou coa publicación da extensa obra Navarra 1936. De la Esperanza al Terror que se foi ampliando ao longo dos anos até chegar á súa derradeira edición en 2008. Froito do coñecemento destes estudos se realizaron diversas homenaxes, cuxa manifestación máis importante tivo lugar en 2003 cunha Declaración oficial do Parlamento de Navarra en favor do recoñecemento e reparación moral de tódolos navarros fusilados.(Navarra 1936. De la esperanza al terror: 483)

Os anos trinta en Navarra Situación social 300px|miniatura|Escudo republicano da cidade de Pamplona na praza de Touros. Obsérvese a coroa mural timbrando o escudo. Navarra contaba en 1930 cunha poboación, predominantemente rural, de 345.883 persoas, que correspondía a unha densidade de 33,19 habitantes por quilómetro cadrado. As cidades máis poboadas, Pamplona e Tudela, tiñan 42.259 e 11.248 habitantes respectivamente. O crecemento demográfico era pequeno, cun 0,15% anual.(Navarra 1936. De la esperanza al terror: 26)

Por sectores, a agricultura ocupaba a un 64% da poboación activa. Porén, aínda que as propiedades agrarias en Navarra estaban formadas por minifundios, estes pertencían nun 56,4% a unha minoría de grandes terratenentes, sendo un 30,6% os que pertencían aos medianos propietarios e só un 13% era dos pequenos propietarios. Deste xeito, case o 50% da poboación activa agraria non era propietaria. A burguesía preferiu investir en terras e apenas na industria moderna. A fame e a miseria que se apoderaron do campesiñado proporcionaron man de obra resignada e barata. A diferenza entre o pequeno propietario e o campesiño sen terra radicaba en que o primeiro era pobre e o segundo mísero. As corralizas (extensos terreos que existían ao sur de Navarra, antigas terras comunais de propiedade municipal, vendidas polos povos no século XIX como consecuencia das difíciles situacións económicas que atravesaban, froito das guerras, especialmente a primeira guerra carlista, ou obrigados polas desamortizacións civís) eran propiedade dunhas poucas familias.Virto Ibáñez, Juan Jesús; Arbeloa Muru, Víctor Manuel (1984). La cuestión agraria navarra (1900-1936) (I), Revista Príncipe de Viana, ISSN 0032-8472, Año nº 45, Nº 171, págs. 117-130 Dende 1841 até 1960, Navarra foi de xeito ininterrompido a segunda provincia de España con maior índice de emigración, por enriba de Galicia e Estremadura. Os sectores industrial e de servizos concentrábanse fundamentalmente en Pamplona, Tudela, Altsasu, Olazagutia, Vera, Villava, Marcilla, Cortes, Castejón (importante nudo ferroviario) e Esa. Estas localidades mantiñan unha estreita relación coa produción agrícola, agás as do norte que tiñan un carácter máis industrial, relacionado con cementeiras e fundicións.

A sociedade navarra, ademais de fundamentalmente agrícola, era predominantemente conservadora e católica. Isto último foi determinante na evolución política deste territorio. Existía unha maior densidade de cregos por número de habitantes que noutras partes de España.Segundo datos da Guía Diocesana de Pamplona de 1937, en Navarra había un sacerdote por cada 335 habitantes. Na arquidiocese de Madrid había 1 por cada 3.347 e na de Cádiz 1 por cada 3.169. Citado por Ángel Pascual Bonis. Navarra ante las elecciones del Frente Popular. Langaiak nº 5 IPES. Pamplona 1984. Á súa vez citado en (Navarra 1936. De la esperanza al terror: 28)

O nivel cultural non era moi elevado, por mor da falta de escolas. A taxa de analfabetismo rondaba o 30% para Navarra.(García Umbón: 246) Aínda que era inferior á do resto de provincias españolas, a súa distribución era desigual segundo os meiriñados, sendo superior na de Tudela (concretamente, no sur de Navarra a taxa de analfabetismo roldaba o 50% da poboación), así como nas zonas rurais respecto das urbanas e en mulleres respecto a homes.(Serrano Moreno: 688-690)

Organizacións laborais e políticas

miniatura|150px|esquerda|Escudo de Navarra durante a Segunda República EspañolaSímbolos de Navarra en navarra.es Sindicatos A UGT e a Confederación Nacional de Traballadores (CNT) eran os sindicatos que agrupaban á maioría dos xornaleiros e obreiros. Dada a débil industrialización navarra, eran sindicatos fundamentalmente agrarios. A UGT, único sindicato legal durante a Ditadura de Primo de Rivera,Gran Enciclopedia Larousse (1991). ISBN 84-320-7370-9. era forte na Ribera, por mor dos problemas dos campesiños sen terra, a través da Federación Nacional de Trabajadores de la Tierra, creada en 1930, que era a organización máis importante e con maior capacidade de mobilización. O seu líder en Navarra, o caballerista Ricardo Zabalza, sería posteriormente secretario xeral da FNTT en toda España. Outras zonas con significativa implantación sindical eran a comarca de La Barranca, zona industrial e ferroviaria, e Pamplona, a máis numerosa ao proclamarse a República. A afiliación á UGT pasou duns cinco mil traballadores en 1931 a máis de dez mil en 1934.Virto Ibáñez, Juan Jesús (1989). La UGT de Navarra: algunas aportaciones al estudio del socialismo navarro. Revista Príncipe de Viana, ISSN 0032-8472, Año nº 50, Nº 187, pg. 395-430. O seu auxe estaba relacionado, polo menos aos comezos da República, coa presenza no Ministerio de Traballo de Francisco Largo Caballero, quen pretendía levar a cabo o programa do PSOE sobre a cuestión agraria.

A CNT tiña o seu principal feudo na Ribera Alta.La represión en Navarra, en rebelion.org. En 1936 chegou a contar con 1.600 afiliados en toda a provincia.La utopía libertaria, segada en Navarra , en Diario de Noticias, 23 de decembro de 2007. Este sindicato tivo un activismo mais amplo que o que se puidese desprender da súa exigua afiliación. A súa ideoloxía anarquista con conviccións anticlericais e críticos co autoritarismo e o Estado, non violenta en Navarra senón eminentemente cultural e social, rexeitando ademais as convencións familiares e sexuais, promovendo un gran número de iniciativas culturais, como é o caso do Ateneo Libre Acuerdo de Allo promovido por Aurelio Íñigo.Majuelo, Emilio. Anarquistas: ¿qué anarquistas? , en Diario de Noticias, 23 de decembro de 2007

En 1932 estabeleceuse en Navarra o sindicato nacionalista vasco ELA-Solidaridad de Obreros Vascos (dende 1933 ELA-Solidaridad de Trabajadores Vascos). Durante o período republicano a súa afiliación incrementouse até acadar o seu cénit en 1936, cuns 4.200 afiliados. Tiña un carácter menos agrario que os sindicatos de esquerdas.Martínez-Peñuela Virseda, Araceli (1990). Aportaciones al estudio del sindicalismo navarro: ELA-SOV/STV (1911-1936). Revista Príncipe de Viana, ISSN 0032-8472, Año nº 51, Nº 189, pg. 263-268.