Victoriano Taibo García, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1885 e finado en Vigo o 13 de marzo de 1966, foi un mestre, poeta e narrador galego. De ideas galeguistas e de esquerdas, foi membro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega.

Traxectoria Fillo de Francisco Taibo Filgueira e Josefa García Lameiro, Victoriano foi o máis novo de cinco irmáns. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, onde foi redactor de Miña Terra. Alí contactou co movemento galeguista a través da Irmandade da Fala local. Nese tempo tivo sobre el unha grande influencia Luís Porteiro Garea. Asinou o manifesto da Asambleia nazonalista de Lugo de 1918.

Como mestre de escola foi destinado a, entre outros, A Ponte de Mera (Ortigueira), Oza (A Coruña), Sigrás (Cambre), Cerdido, As Fiestras (Xinzo de Limia), Morgadáns (Gondomar, onde estaría máis de dezaseis anos) e Lavadores (Vigo).

miniatura|esquerda|I Asemblea Nacionalista

Colaborou en numerosas publicacións, entre elas, O Gaiteiro de Lugo, A Nosa Terra, Céltiga, O Tio Marcos d'a Portela, Nós, Ilustración Gallega, Rexurdimento, Vida Gallega, Labor Gallega, A Fouce, Airiños, Alborada, La Noche, Lar, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, Ronsel, ABC e Sonata Gallega.: "As outras publicacións"

Mantivo relación epistolar con Manuel Antonio. (1995) Diccionario da Literatura Galega I. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e socio correspondente do Instituto Histórico do Minho desde 1930.Elección como socio correspondente do IHM.

Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Son coñecidas algunhas das súas actuacións en mitins na compañía de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade e Antón Alonso Ríos.: "Datos para unha biografía" Revista de Estudos Miñoráns, 2008. Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi trasladado forzosamente en 1938 a Villalar de los Comuneros, Valladolid, por causa das súas ideas políticas. En 1942 retornou a Morgadáns.

A proposta de Eladio Rodríguez González, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Vales Villamarín, Ángel del Castillo e Florentino López Cuevillas, ingresou na Real Academia Galega en febreiro de 1946. O 15 de outubro de 1948 leu o discurso panexírico Rosalía de Castro, precursora da fala, respondido por Otero Pedrayo. En 1950 instalouse en Vigo, onde viviu ata o seu pasamento en 1966. Xubilouse como mestre en 1954.

A poesía de Taibo segue as direccións dos primeiros libros de Cabanillas, de quen foi discípulo literario: costumismo, lirismo intimista e poesía de loita.

Vida persoal miniatura|O galego que non fala na lingua da súa terra, nin sabe o que ten de seu nin é merecente dela. Casou o 12 de setembro de 1929, na Ponte de Mera (Ortigueira), con Carmen Rebollar Martínez, irmá de Alfredo Rebollar Martínez, director de bandas de música e que foi alcalde de Ortigueira pola Fronte Popular na II República, ata a Guerra Civil. Tiveron dous fillos, Francisco Vicente Fuco (1930) e Gloria (1931).

Recoñecemento Déuselle o seu nome ao Premio de poesía Victoriano Taibo.

En 2018 o Concello de Gondomar nomeouno Fillo Adoptivo.

Obra Poesía Abrente, versos galegos (1922, El Eco de Santiago).Imaxe da portada, de Cebreiro, da 1ª ed. de Abrente. Da vella roseira, cántigas orixinás (Santiago de Compostela, 1925), adicado a Cabanillas. Abicedo. Cabrinfollas (2008), Follas Novas. Edición de Armando Requeixo. Lembranza da Tecedeira, 2013, ed. facsimilar comentada (1947). IEM.Imaxe da portada de Lembranza da Tecedeira

Narrativa Da agra aberta: contos e lêndas (Vigo, 1956).Da agra aberta. Prólogo da primeira edición. Reeditado en 2008 polo IEM. Contos pequenos, 2016 (1955), Instituto de Estudos Miñoranos."Contos pequenos verá la luz tras más de sesenta años inédita" Faro de Vigo, 23/10/2016.O IEM presenta hoxe os "Contos pequenos"… Faro de Vigo, 31/10/2016.

Ensaio Rosalía de Castro, precursora da fala, 1972 (1948), RAG. Con resposta de Ramón Otero Pedrayo.

Teatro A estrana, comedia inédita, en colaboración con Xaime Quintanilla.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(1976). "Victoriano Taibo García" Boletín da RAG n.º 358, pp. 121–128.

: "Victoriano Taibo (1885-1966). Poeta das Irmandades"

Outros artigos Premio de poesía Victoriano Taibo Instituto de Estudos Miñoranos

Ligazóns externas

: "Que nos coñezan polas obras" Revista de Estudos Miñoráns, 2008. : Álbum das Irmandades da Fala Consello da Cultura Galega. : Victoriano Taibo García, ortegano de adopción 26/3/2012

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos