O sapo raxadoVocabulario forestal, páx. 191, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012 ou sapo pintoConde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega. (Discoglossus galganoi) é unha especie de Ranidae que vive na Península Ibérica. Atópase ameazada de extinción pola perda do seu hábitat natural.

Descrición Sapo de pequeno tamaño de 45 a 75 mm, de cabeza achatada, case tan longa como ancha, e fociño obtusamente afiado. De pel lisa ou con pequenas granulacións de cor moi variable, dende tonalidades pardas, rosáceas, verdosas ou case negras.

Distribución Endemismo ibérico, a súa área de distribución comprende Portugal e a metade occidental da España peninsular. En España, está presente en toda Galicia, e esténdese polo leste por Asturias e a maior parte da cornixa cantábrica, polo norte e oeste de Castela e León, zonas de Ávila, Estremadura, suroeste da Comunidade de Madrid e serra de Guadarrama, a maior parte da provincia de Toledo e Cidade Real e Andalucía occidental até o val do Guadalquivir.

Hábitat Ocupa unha gran variedade de hábitat, case sempre sobre substratos silicios ou metamórficos, en zonas abertas, en ríos e regatos, en zonas de elevada humidade con abondosa de vexetación herbácea, que lle serve de refuxio.

Ameazas A alteración e destrución directa dos medios acuáticos, os impactos dos cultivos agrícolas e a contaminación química dos cursos de auga. A depredación directa do cangrexo de río americano, está minguando as súas poboacións.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Bibliografía Bosch, J., Beja, P., Tejedo, M., Lizana, M., Martínez-Solano, I., Salvador, A., García-París, M. & Gil, E.R. 2004. Discoglossus galganoi

Ligazóns externas 2006 IUCN Red List of Threatened Species.

Categoría:Anuros Categoría:Anfibios de Galicia Categoría:Animais descritos en 1985