2002 (MMII) foi un ano común comezado en martes, e rematado en martes, segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
1 de xaneiro - Entra en circulación o euro como moeda única para 12 Estados da Unión Europea. 16 de xaneiro - O Consello de Seguridade das Nacións Unidas establece un embargo de armas e conxela os fondos de Osama bin Laden, Al Qaida e os talibán. 12 de febreiro - Entra en vigor o Protocolo Facultativo á Convención sobre os Dereitos do Neno, impulsado pola ONU, que eleva a idade mínima de recrutamento e participación en hostilidades de 15 a 18 anos. 3 de febreiro - Eleccións presidenciais en Costa Rica. 22 de febreiro - O político e líder rebelde Jonas Savimbi morre nunha emboscada militar. 23 de febreiro - En Colombia as FARC secuestran a Íngrid Betancourt mentres fai campaña electoral para a presidencia do país. 28 de febreiro - As moedas substituídas polo euro deixan de ter valor legal na Unión Europea. 12 de abril - Golpe de estado contra Hugo Chávez en Venezuela miniatura|dereita|Mark Shuttleworth na Estación Espacial Internacional. 25 de abril - Mark Shuttleworth, segundo turista espacial, parte do cosmódromo de Baikonur. Foi tamén o primeiro africano. 30 de abril - Nun referendo, Pervez Musharraf logra continuar como presidente do Paquistán durante cinco anos máis. 4 de maio - Lanzamento do satélite artificial estadounidense Aqua. 12 de maio - Jimmy Carter inicia unha visita de cinco días a Cuba, o primeiro presidente dos Estados Unidos (aínda que xa fóra do posto) en facelo despois da Revolución cubana. miniatura|dereita|Timor-Leste 20 de maio - Timor-Leste tórnase un estado independente. 26 de maio - A sonda espacial Mars Odyssey atopa evidencia da existencia de depósitos de xeo en Marte agosto - Europa Central vese afectada por inundacións. 19 de agosto - Abu Nidal, terrorista internacional, é atopado morto por bala en Bagdad. 10 de setembro - Suíza, país coñecido pola súa neutralidade, entra nas Nacións Unidas. 12 de setembro - George W. Bush esixe que as Nacións Unidas se enfronten a Iraq, a quen acusa de patrocinar o terrorismo internacional, ou que se lle permita a el actuar. 2 de outubro - O Congreso dos Estados Unidos autoriza ao presidente dos Estados Unidos a utilizar a forza contra Iraq. 12 de outubro - Atentados terroristas en dúas discotecas en Kuta, Balí, que causan 202 mortes e danos a máis de 300 persoas. 16 de outubro - George W. Bush asina a Resolución de Guerra contra Iraq. 27 de outubro - Luiz Inácio Lula da Silva, do Partido dos Trabalhadores é elixido presidente do Brasil por maioría absoluta. 13 de novembro - Accidente do petroleiro Prestige ante as costas galegas. Afunde o día 19 ocasionando unha enorme marea negra. 25 de novembro - Saparmurat Niyazov, presidente de Turkmenistán sofre un intento de asasinato. 1 de decembro - Unhas 200 000 persoas maniféstanse en Santiago de Compostela, convocadas polo movemento Nunca Máis, para esixir dignidade e dimisións pola incompetencia dos gobernos galego e español na catástrofe do Prestige. 27 de decembro - A sede do goberno pro-moscovita de Chechenia é destruída nun ataque suicida.
Nacementos 30 de abril - Miguel de Tódolos Santos Urdangarin Borbón, fillo da Infanta Dona Cristina e Iñaki Urdangarin. 21 de maio - Elena Huelva Palomo, activista española pola loita contra o cancro (m. 2023)
Mortes 3 de xaneiro - Freddy Heineken, presidente de Heineken. 4 de xaneiro - Esquivel, músico mexicano. 8 de xaneiro - Alexander Prochorow, físico ruso, Premio Nobel de Física (n. 1916) 12 de xaneiro - Cyrus Vance, Secretario de Estado dos Estados Unidos (n. 1917) miniatura|dereita|Estatua de Cela en Padrón. 17 de xaneiro - Camilo José Cela, escritor natural de Iria Flavia e Premio Nobel de Literatura (n. 1916) 23 de xaneiro - Pierre Bourdieu, sociólogo francés (n. 1930) 6 de febreiro - Max Perutz, biólogo austríaco, Premio Nobel (n. 1914) 9 de febreiro - Margarida do Reino Unido, irmá da soberana Isabel II (n. 1930) 22 de febreiro - Jonas Savimbi, líder rebelde angolano (n. 1934) 26 de febreiro - Lawrence Tierney, actor americano (n. 1919) 9 de marzo - Carlos Casares, escritor galego. 11 de marzo - James Tobin, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía (n. 1918) 13 de marzo - Hans-Georg Gadamer, filósofo alemán. 16 de marzo - Antonio Rivera Losada, escritor e xornalista galego (n. 1920). 24 de marzo - César Milstein, científico arxentino, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1927) 27 de marzo - Dudley Moore, actor e pianista británico (n. 1935). 27 de marzo - Billy Wilder, cineasta estadounidense (n. 1906). 18 de abril - Thor Heyerdahl, explorador noruegués (n. 1914).
22 de abril - Linda Lovelace, actriz porno estadounidense (n. 1949). 29 de abril - Santiago Álvarez, político galego (n. 1913).
5 de maio - Hugo Bánzer Suárez, presidente de Bolivia (n. 1926). 6 de maio - Pim Fortuyn, político holandés (n. 1948). 19 de maio - John Gorton, primeiro ministro de Australia (n. 1911). 20 de maio - Stephen Jay Gould, paleontólogo estadounidense (n. 1941). 21 de maio - Niki de Saint Phalle, artista francesa (n. 1930). 25 de maio - Eloy Terrón Abad, filósofo español (n. 1919). 4 de xuño - Fernando Belaúnde Terry, presidente do Perú (n. 1912). 5 de xuño - Dee Dee Ramone, baixista estadounidense (The Ramones) (n. 1952). 24 de xuño - Pierre Werner, primeiro ministro de Luxemburgo (n. 1913). 2 de xullo - Antoine-Roger Bolamba, escritor e xornalista congolés (n. 1913). 9 de xullo - Rod Steiger, actor estadounidense (n. 1925). 14 de xullo - Joaquín Balaguer, expresidente de República Dominicana (n. 1906).
25 de xullo - Ricardo Flores escritor e político galego (n. 1903). 28 de xullo - Archer John Porter Martin, químico británico, Premio Nobel de Química (n. 1910).
16 de agosto - Abu Nidal, terrorista palestino (n. 1937). 31 de agosto - Lionel Hampton, músico estadounidense (n. 1908). 31 de agosto - George Porter, químico británico, Premio Nobel (n. 1920). 11 de setembro - Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo galego (n. 1950). 19 de setembro - Robert Gueï, xefe militar da Costa do Marfil (n. 1941). 24 de setembro - Basilio Calvar Solla, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1911). 12 de outubro - Ray Conniff, músico e mestre estadounidense (n. 1916). 17 de novembro - Abba Eban, político e diplomático israelí (n. 1915). 23 de novembro - Xoán González Millán, estudoso e crítico literario galego.
24 de novembro - John Rawls, filósofo norteamericano. 2 de decembro - Ivan Illich, pensador e ecoloxista austríaco. 12 de decembro - Orlando Villas-Boas, sertanista brasileiro (n. 1914). 22 de decembro - Desmond Hoyte, presidente e primeiro ministro de Güiana (n. 1929). 22 de decembro - Joe Strummer, músico británico (The Clash) (n. 1952).
Premios Nobel Premio Nobel de Física: Raymond Davis Jr., Masatoshi Koshiba e Riccardo Giacconi Premio Nobel de Química: John B. Fenn, Koichi Tanaka e Kurt Wüthrich Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina: Sydney Brenner, H. Robert Horvitz e John E. Sulston Premio Nobel de Literatura: Imre Kertész Premio Nobel da Paz: Jimmy Carter Premio Nobel de Economía: Daniel Kahneman e Vernon L. Smith
Día das Letras Galegas dedicado a: Frei Martín Sarmiento
Outros Este ano foi declarado Ano Internacional Gaudí. Historia ano a ano
Categoría:2002