Torres de Berrellén é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca da Ribera Alta del Ebro. A súa poboación era de 1.450 habitantes en 2007. Dista 20 km da capital provincial.
Xeografía Sitúase sobre materiais cuaternarios do Ebro, preto da confluencia co río Jalón.
Ocupa unha superficie de 53,8 km², o que lle outorgaba unha densidade de 26,84 hab/km².
Orixe do topónimo O terreo era da vila de Castellar a comezos do século XI. As primeiras mencións documentais datan do ano 1117, nun documento do Arquivo do Pilar que fai mención a un campo de Ibn Ranán (Aben Renén) crca dos ríos Jalón e Ebro. O lugar chamouse simplemente Torres até o ano 1646 e Torres de Berrellén desde 1713.
Festas Vire do Castellar e San Gregorio, 8 e 9 de maio. Santa María Magdalena, 22 de xullo. Santo André, 30 de novembro.
Véxase tamén
Ligazóns externas www.TorresDeBerrellen.net
Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza