A abrótega, abrótea ou gamota (Asphodelus albus) é unha planta perenne da familia das liliáceas, moi empregada como planta de xardín, nativa do centro sur de Europa. Pode chegar ata o metro de altura, aínda que habitualmente tan só chega a 50 cm. As follas con forma de espada nacen na base da planta; as flores vanse xuntando a medida que se ascende polo talo ata chegar á cima na que están en acios ou amoreadas.

Nas parroquias de Vilelos (O Saviñao) e Castelo (Taboada), os agucios (polo seu nome local) arríncanse durante o último mes do verán para facer fachas ás que se prende lume na derradeira semana de setembro.

Asphodelus albus foi descrita por Philip Miller e publicado en Gard. Dict. ed. 8 3 1768.Asphodelus albus en Trópicos

En Galicia foi descrita por Baltasar Merino na súa obra Flora descriptiva é ilustrada de Galicia no ano 1909.Flora descriptiva é ilustrada de Galicia , Tomo III, páxina 7.

Hábitat Medra de forma silvestre en pradeiras e chairas solleiras de España, o sur de Francia e a costa mediterránea ata os Balcáns, entre o nivel do mar e os 2.000 metros sobre o nivel do mar. Prefire chans alcalinos, e é marcadamente termófila.

Nomes vernáculos galegos Tamén recibe os nomes de abrótena, apóutiga, asfódelo, breca, gamón, gamota, herba do gando, lumbrieiro, nunú, ouropesa, ouropeso, pé de pita, pella e petuga.Dicionario de sinónimos da lingua galega, Galaxia, 1997

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Flora ibérica] vol. XX.

Categoría:Asphodelus Categoría:Flora de Galicia