De (Д, д) é unha letra do alfabeto cirílico. Pronúnciase coma un "D" galego. Provén da delta grega.

Na escritura manual, normalmente, o "De" cirílico maiúsculo seméllase a un "D" latino, dado que a súa forma "oficial" non é nada cómoda para escribir rapidamente; mentres que o "De" cirílico minúsculo seméllase a un "g" latino e únese a seguinte letra coa súa cola.

Códigos Codificación de caracteresMaiúscula/MinúsculaDecimalHexadecimalOctalBinarioUnicodeMaiúscula104404140020240000010000010100Minúscula 107604340020640000010000110100ISO 8859-5Maiúscula180b42640010110100Minúscula212d43240011010100KOI 8Maiúscula228e43440011100100Minúscula196c43040011000100Windows 1251Maiúscula196c43040011000100Minúscula228e43440011100100

As súas correspondencias en HTML son: Д ou Д para a maíuscula e д ou д para a minúscula.